Instalación libreoffice 7.0.4 con snap en Debian

 

O primeiro que debemos de facer é instalar o xestor de snap, que non só servirá para instalar o Libreoffice, senón moitos outros programas

sudo apt update
sudo apt install snapd
sudo snap install core

E seguidamente instalamos o libreoffice. Como observamos cunha soa liña procedemos coa instalación.

sudo snap install libreoffice

Se no proceso de inslación marcha a corrente eléctrica, quedará o paquete sen instalar e non nos permitirá reanudar a instalación. Para isto teremos que coñecer o número id da instalación con:

snap changes

Imaxinemos que sexa id 5, e procedemos a cancelar esta instalación para comezar posterioremente de cero:

sudo snap abort 5
sudo snap install libreoffice

Para actualizar a aplicación escribiremos no terminal:

sudo snap refresh libreoffice

E para saber cales das aplicacións instaladas con snap teñen actualizacións dispoñibles:

sudo snap refresh --list

Polo tanto, snap é un sistema de instalación rápido e non se presentan erros de dependencias, pois xa ten todos os paquetes necesarios incrustados.