Brave é un novo navegador web de código aberto e basado en Chromium e polo tanto compatible coa gran maioría das extensións de Chrome. Dispón do bloqueador de anuncios adblock incorporado. Un navegador moi rápido e xa preparado para navegar na rede Tor. Dispón dúas apariencias, clara e oscura.
Podemos instalarlle a extensión Tab Suspender, para conxelar as pestanas que non empregamos e liberar deste xeito a memoria ram.
Debemos de ter en conta que de momento non contamos cos menús nin en galego nin en español.
sudo apt install apt-transport-https curl gnupg
curl -s https://brave-browser-apt-release.s3.brave.com/brave-core.asc | sudo apt-key --keyring /etc/apt/trusted.gpg.d/brave-browser-release.gpg add -
echo "deb [arch=amd64] https://brave-browser-apt-release.s3.brave.com/ stable main" | sudo tee /etc/apt/sources.list.d/brave-browser-release.list
sudo apt update
sudo apt install brave-browser