Como o proceso de configuración do libro de cualificacións é bastante pesado, é interesante dispoñer da copia dun curso que nos sirva de modelo para a configuración do noso. Vexamos en primeiro lugar como se crea unha copia de seguridade dun curso:
CREACIÓN DUNHA COPIA DE SEGURIDADE
Paso 1
Antes de nada eliminamos os temas que non empreguemos, calquera tipo de actividade ou recurso e o Foro de novas. É dicir, neste exemplo só restauraremos a configuración do libro de cualificacións aínda que ben é certo que poderiamos gardar na copia de seguridade os bloques personalizados, o tema modificado coa axuda de JavaScript e CSS, etc.
Despois de eliminar todo o curso queda do seguinte xeito:
Paso 2
Configuramos o Libro de Cualificacións como desexemos. Neste exemplo, queda do seguinte xeito:
Paso 3
Procedemos a crear a copia de seguridade do curso. Polo tanto prememos en Copia de seguranza.
Como o curso modelo non ten ningún tipo de actividade ou recurso, non cambiamos nada na configuración por defecto. Clic en Saltar ao último paso.
E deste xeito, o Moodle crea unha copia de seguridade que procedemos a descargar ao noso computador. E unha vez descargada podemos renomear o ficheiro, inserido un nome máis mnemotécnico.
E xa teriamos rematada a creación da copia de seguridade. Podes descargar o ficheiro resultante de aquí
RESTAURAR A COPIA DE SEGURIDADE
Paso 1
Creamos un novo curso e abrímolo. Se neste curso xa temos elementos de cualificación é posible que a restauración non se faga con éxito debido ás posible inconsistencia dos datos. E procedemos a restaurar a copia de seguridade:
Se o curso modelo e a curso a restaurar están no mesmo centro educativo, podemos empregar a función importar, sendo esta moito máis cómoda. O método Restaurar vale para calquera dos casos, independentemente onde estean instalados o curso orixe e o destino.
Procedemos a importar o ficheiro coa copia de seguranza:
Unha vez escollido o ficheiro, clic en Restaurar. Aparece unha fiestra informativa. Clic en Continuar e seguidamente aparecen tres opcións á hora de restaurar. Escollemos a segunda opción, por exemplo:
Mantemos a opción de Fusionar e clic en Continuar. Ábrese unha fiestra con información dos elementos a restaurar e clic en Seguinte. Na seguinte pantalla mantemos todo por defecto e clic novamente en Seguinte. E xa na última escollemos Executar restauración.
Se pinchamos en cualificacións, veremos que aparece o libro de cualificacións configurado.