Comparativa da avaliación no Moodle de Webs Dinámicas e no EVA E-Dixgal

O primeiro que debemos de ter claro é que as dúas plataformas son aulas virtuais Moodle con versións parecidas. En canto á avaliación, o EVA E-Dixgal presenta unha interface que facilita a configuración da mesma, pero no fondo, os pasos internos son os mesmos.

ATENCIÓN. O proceso de configuración do libro de cualificacións do Moodle é moi laborioso. Para non ter que ir introducindo todos os elementos da avaliación,  iremos restaurando e fusionando co curso actual as copias de seguridade que enlazaremos en cada un dos apartados. Este procedemento é válido no caso en que non teñamos configurada no curso destino.

Para restaurar unha copia de seguridade seguiremos os pasos que describo nesta páxina: https://blog.atio.es/node/323

PRÁCTICA

Supoñamos que para avaliar ao alumnado en cada trimestre daremos un peso do 60% aos exames e dun 40% ao traballo e actitude

Ao longo de cada trimestre faremos tres exames os seguintes pesos:

- Exame 1 (40%)

- Exame 2 (40%)

- Exame 3 (20%)

Así mesmo, para avaliar o "Traballo e actitude" teremos en conta:

- Traballo de investigación (50%)

- Actitude na clase (25%)

- Realización das tarefas (25%)

Por último, para obter a nota final, cada trimestre terá un peso dun 33,33% do total

 

TAREFA 1: Configura o libro de cualificación para esta situación

 

PASO 1. ACCEDER Á CUALIFICACIÓN

a. No EVA E-DIXGAL

A primeira vez que accedamos o sistema amósanos o xestor de cualificacións, onde debemos pinchar en Configurar, para definir as categorías, os aspectos, asignar actividades, etc.

b. WEBS DINÁMICAS

 

No caso de Webs Dinámicas, ao pinchar en Cualificacións a aplicación lévanos ao Informe cualificador, que de momento non imos empregar. Pasemos a configurar as categorías:

 

PASO 2. CONFIGURAR AS CATEGORÍAS

As categorías podemos velas como as distintas avaliacións, que na actualidade son tres e unha máis para facer unha avaliación cualitativa pero non cuantitativa chamada Non Avaliable. Obviamente se o desexamos poderiamos engadir máis categorías.

 

A. EVA E-DIXGAL

No EVA, debemos de pinchar en Avaliacións.

Neste caso non imos modificar nada e quedámonos coa configuración por defecto.

B. WEBS DINÁMICAS

Procedamos a configurar as mesmas cousas que no EVA: tres avaliacións e unha categoría de Non Avaliable.

i. Escollemos a opción "Axustes do libro de cualificacións"

O primeiro que facemos é editar a cualificación do curso, para definir a nota máxima como 10, en lugar de 100

ii. E seguidamente pinchamos en "Engadir categoría"

E engadimos un nome á categoría e tamén cambiamos a Cualificación máxima, de 100 a 10

Repetimos o proceso para as tres avaliacións. No caso da categoría de "Non avaliable", configuramos a Cualificación máxima con 0, pois como o seu nome indica, non imos ter en conta os elementos desta categoría para proceder coa avaliación.

Despois de facer este traballo, o libro de cualificacións podemos velo do seguinte xeito:

Co obxectivo de non tes que introducir todos os datos, podemos descargar unha copia de de seguridade dun curso modelo coas categorías inseridas.

 

 

PASO 3. CONFIGURAR OS ASPECTOS EN EDIXGAL OU ENGADIR SUBCATEGORÍAS EN WEBS DINÁMICAS

A. EVA E-DIXGAL

Tal e como  piden no enunciado da práctica, observamos que dentro da cada avaliación imos ter dúas subcategorías: "Exames" e "Traballo e actitude"

 

 

No caso de E-Dixgal estas subcategorías configúranse nos "Aspectos"

E como os exames teñen unha valoración do 60% e o traballo e actitude un 40%, deixámolo do seguinte xeito (non intruducirmos os valores en porcentaxe senón en tanto por un).

 E de forma automática, o Moodle de E-Dixgal engade estes aspectos a cada unha das avaliacións. En todo caso, sempre teremos posibilidade de modificar, engadir ou quitar algún dos aspectos en cada unha das avaliacións.

 

B. NO MOODLE DE WEBS DINÁMICAS

No caso dun moodle estándar, non contamos coa axuda da interface de avaliación e os aspectos configúranse como subcategorías dentro da categoría principal 1ª avaliación, 2ª avaliación, etc

E iremos engadindo as subcategorías Exames e Traballo e actitude para cada unha das avaliacións, seguindo o prodemento que se amosa na seguinte imaxe:

E pouco a pouco imos configurando o libro de de cualificacións.

Pero ademais, o enunciado da práctica indícanos que os exames teñen unha ponderación do 60% e o traballo e actitude dun 40%. Para configurar isto debemos de premer en Editar en cada unha das avaliacións:

E inserimos a Ponderación en cada subcategoría: Exames e Traballo e actitude

Quedaría do seguinte xeito.

 

Podemos descargar unha copia de seguridade con toda a configuración feita ata o momento.

 

PASO 4. ASIGNAR ACTIVIDADES

As actividades son elementos de avaliación que emprega o docente. Neste exemplo: Exame1, Exame2, Exame3, Traballo de Investigación, Actitude Clase e Entrega Tarefas

A. EVA E-DIXGAL

No EVA continuamos coa interface de configuración da avalición. Dirixímonos ao apartado 3, "Asignar actividades"

Á esqueda escollemos o aspecto ao cal queremos asignar a actividade

E seguidamente pinchamos en "Engadir actividade con valoración manual". Debemos de engadir o "Nome do elemento", a "Cualificación máxima", e por último comprobar que escollemos ben a Categoría da cualificación. En todo caso sempre se pode modificar a organización da avaliación.

E debemos de introducir o mesmo xeito todos os elementos de cualificación de todas os aspectos.

B. MOODLE WEBS DINÁMICAS

Partindo da configuración que acadamos no PASO 3, vexamos como se engaden os elementos de cualificación. Coma sempre, pinchamos en Cualificacións na columna da esquerda:

E seguidamente no selector escollemos a opción Axustes do libro de cualificacións:

E clic en "Engadir un elementos de cualificación"

E dun xeito parecido ao xa explicado para o EVA, introducimos os elementos que consideremos. Teremos que completar "Nome do elemento", "Cualificación máxima" e por último seleccionar a "Categoría de cualificación".

E do mesmo xeito, introduciríamos todos os elementos de cualificación, ata deixar o libro de cualificacións cun aspecto similar ao seguinte:

 

O resultado podemos descargalo da seguinte ligazón e restauralo nun curso.

 

PASO 5. CONFIGURAR LIBRO DE CUALIFICACIÓNS

Una vez que xa introducimos as categorías, subcategorías ou aspectos (no EVA), e os elementos de cualificación, debemos de configurar o libro de cualificacións para establecer o peso que deben de ter os elementos de cualificación na avaliación do curso. A práctica establece o seguinte:

Ao longo de cada trimestre faremos tres exames os seguintes pesos:

- Exame 1 (40%)

- Exame 2 (40%)

- Exame 3 (20%)

Así mesmo, para avaliar o "Traballo e actitude" teremos en conta:

- Traballo de investigación (50%)

- Actitude na clase (25%)

- Realización das tarefas (25%)

Por último, para obter a nota final, cada trimestre terá un peso dun 33,33% do total

 

A. EVA E-DIXGAL

No caso do EVA, como xa observamos nos apartados anteriores dispón de unha interface que nos axuda coa configuración da avaliación. Resulta moi útil para a configurar por primeira vez a avaliación. Sen embargo se o docente quere traballar sobre unha avaliación xa elaborada noutro curso, non poderá empregar a interface e terá que empregar o Modo Avanzando, que ven sendo o mesmo que dispón webs dinámicas e que prodemos a explicar no apartado B deste paso 5.

Polo tanto, neste apartado veremos como se empregaría o asistente de avaliación. Analicemos a primeira avaliación, tendo en conta que a configuración da segunda e terceira faríase dun modo similar: Imaxinemos que temos os seguintes elementos de cualificación asignados aos correspondentes aspectos:

Pinchamos en "Revisar configuración"

O EVA imprime unha pantalla onde podemos ver un resumo do feito ata o momento. Incluso aparece unha columna coa lenda SIMUL, onde nos presenta unha simulación, un exemplo das notas dun posible alumno:

E seguindamente debemos de configurar o aspecto Exames e Traballo e actitudes como Media Ponderada, para asignarlle a cada un dos elementos de cualificación a ponderación que nos solicita a práctica. Para isto debemosd e pinchar en Máis e escoller o Modo avanzado

E chegamos á mesma fiestra de configuración do libro de cualificacións que chegaremos nun Moodle stándar, como o de Webs Dinámicas. Vexamos como se faría neste exemplo:

i. Pinchamos en Editar no aspecto Exames, e seguidamente en Editar configuración

E en Agregación escollemos Media Ponderada de Cualificacións, e gardamos cambios

E en Total da categoría, asignamos a cualificación máxima a 10

ii. Introducimos os valores de Ponderación de cada elemento

ii. Facemos o mesmo co aspecto "Traballo e actitude", e finalmente queda algo así

Se pinchamos en voltar ao modo simplificado, podemos analizar a tabla de Revisar a Cualificación. Resulta moi interesante a columna da dereita, coa que podesmo comprobar se a configuración inserida se corresponde coa desexada.

Se comprobamos a media ponderada no caso dos exames, observamos que o Moodle calcula correctamente o resultado.

B. MOODLE WEBS DINÁMICAS

No caso do Moodle de Webs Dinámicas, unha vez introducidos os elementos de cualificación, procedemos a configura as ponderacións no libro de cualificacións. A única diferencia é que non dispoñemos da interface de axuda do EVA, pero o funcionamento é o mesmo

i. En primeiro lugar pinchamos en Editar dentro da subcategoría Exames do primeiro trimestre

ii. En Agregación mudamos Media ponderada simple de cualificacións por Media ponderada

iii. E asignámoslle os valores de ponderación

E repetimos o proceso con todas a subcategorías de exames e de traballo e actitude.

Podemos descargar o ficheiro resultante, con todas as categorías, subcategorías e elementos de cualificación. Con isto queda finalizada a tarefa 1

 

TAREFA 2. Introduce as seguintes notas para un dos alumnos matriculados

 

Pois, como indica o enunciado deberemos de ter polo menos un alumno matriculado. Isto podemolo facer en Participantes, no engrenaxe da dereita escoller Usuarios Matriculados e  Matricular usuarios

Podemos engadir as notas numéricas a un alumno de varios xeitos. Vexamos un dos métodos. Clic en cualificacións > Informe cualificador. E seguidamente pinchar en Vista individual para o alumno

E introducimos as notas

 

Podemos descarga unha copia de seguridade co feito ata momento.

descargar o ficheiro resultante

TAREFA 3. Comproba que obtés unha nota final para ese alumno/a de 5,02

Tan só debemos de desprazarnos ata o final e comprobar a nota no apartado de "Total do curso"

Como podemos observar, o resultado é o correcto

TAREFA 4. Modifica o libro de cualificación para que o primeiro trimestre teña un peso dun 20%, o segundo trimestre teña un peso do 30% e o terceiro trimestre un 50%

Dirixímonos novamente a Cualifciacións > Axuste do libro de cualificacións. Como queremos asignarlle a todas as avaliacións unha agregación de "Media ponderada". Pinchamos en Editar dentro do nome do curso

E asignásmoslle as podernacións en tanto por un ás tres avaliacións

TAREFA 5. Comproba agora que a nota final do alumno/a é de 4,87

Tal e como fixemos na tarefa 2 e 3 dirixímonos ao informe individual do alumno, e desprazámonos ata o total do curso. Comprobamos o resultado

Como podemos observar o resultado é o correcto. Deste xeito queda rematada a práctica.