S3 EDIXGAL . IES AGRA DE RAÍCES

1. Libros dixitais Editorial Netex

        

 
 
 
i. Vincular unidades. Cando traballamos nun centro de liña 2 ou máis, con Netex podemos vincular as unidades, de maneira que os cambios que fagamos nun dos curos reflíctesen nos demais. En primeiro lugar inserimos un libro no primeiro dos cursos. E seguidamente ao meter o mesmo libro no seguinte grupo podemos engadir directamente o libro que temos no primeiro grupo e vinculalo.
 
Ao abrir a unidade didáctica en calquera dos cursos observamos o seguinte aviso:
 

ii. Control da Aula: https://www.youtube.com/watch?v=JzQfjYSu4cQ

Os libros de Netex-Smart presentan varias utilidades para o control da aula, que aparecen ao premer o botón dereito do rato.

a. A primeira delas é o "Diríxite aquí". Ao clicar o docente neste botón e seguidamente pinchar nun lugar determinado, os nenos visualizarán o seu libro dixital o mesmo apartado

b. A segunda opción é "Bloquear pantalla". Cando un docente preme nesta opción, o alumno non pode saír da unidade na que se atopa o profesor, e se este cambia cambia de apartado no tema, automaticamente tamén se lle cambia ao alumno.

c. Bloquear alumnado é unha utilidade que ten o docente para que o alumno non poda interactuar co libro nun momento dado para pretar atención a unha explicación xeral da aula.

 

iii. Opcións básicas: https://www.youtube.com/watch?v=kXWvKfHAAP0

iv. Modo edición:https://www.youtube.com/watch?v=tlLmDJ2J220&list=TLPQMjgwMTIwMjHbfmynZDlARQ&index=2

v. Xestión do alumnado: https://www.youtube.com/watch?v=PBFc8mwqngc

vi. O caderno de notas: https://www.youtube.com/watch?v=wBkyebOfU7Y

 

 

2. Libros da Editorial Planeta

EDITORIAL PLANETA

 

3. O calendario

Xunto co Foro de novas, o calendario é un elemento moi importante nunha aula virtual xa que axuda ao alumnado a organizarse. E, por suposto, constitúe un elemento moi útil para aqueles pais que axudan aos seus fillos nas tarefas e na organización do tempo de lecer.

i. Creación dun evento exame

O docente debe de escoller o mes no que queira engadir o evento e clic enriba

Aparece o calendario a maior tamaño e o docente pincha no día desexado, ou ben no botón Novo evento. E seguidamente para visualizar todas as opcións debe de pinchar en Amosar máis

E deste xeito podemos visualizar todas as opcións:

E deste xeito, apareceralle ao alumno o envento no seu calendario. Ao pasar co rato por enriba do evento, ou ao clicar nel, aparece un cadro informativo.

No caso de que o docente queira programar unha práctica que se publica o luns 1 de febreiro e os alumnos deben de entregala o venres día 5:

E o alumno visualizaría o calendario do seguinte xeito:

ii. No caso que queiramos programar un evento que se repita varias ao longo das semanas, simplemente engadimos o número de repeticións en "Repetir semanalmente creando xuntos". Esta opción o docente pode escollela para programar a entrega de probas de avaliación continua ou prácticas. Imaxinemos que todos os luns do mes de febreiro o docente publica unha práctica e os alumnos deben de entregala os venres a través da tarefa correspondente:

 

4. A mensaxería

Coa LOPD queda restrixindo empregar aplicacións de mensaxería e o  uso de correo electrónico para menores de 14 anos. Polo que nons e pode empregar aplicacións como whatsapp, Telegram, etc. para o envío de avisos aos alumnos. ¿Pero son imprescindibles?. A resposta é que non. No entorno Moodle dispoñemos do necesario para comunicarnos co alumnado sen saír do mesmo. Unha das opcións é a mensaxería.

i. Cómo enviarlle unha mensaxe a un alumno ou a todos os participantes da clase?

A forma máis cómoda para o envío dunha mensaxe a un conxunto de alumnos sexa pinchar no botón de Participantes na columna da esquerda

Seleccionamos o alumno ou alumnos aos que desexamos enviarlle unha mensaxe:

 

E como reciben os alumnos a mensaxe?

E ao pinchar

ii. E os alumnos poden enviarse mensaxes entre si?

Efectivamente. Poden pinchar no botón da mensaxería, aparece a venta na anterior e escollemos "Nova mensaxe"

Á esquerda na caixa de "Busca un usuario ou curso", o alumnado insire o nome do alumno ou alumna que procura. Neste exemplo introducimos o código do curso, e no EVA podería introducir o nome do centro educativo

E na parte inferior introduce a mensaxe a enviar:

iii. Como un alumno pode bloquear a outro para que non poida enviarlle mensaxes?

É posible que un alumno facedo gala do seu humor profesional, moleste aos seus compeñeiros. Para iso o alumnado ten posibilidade de bloquealo, e deste xeito non poderá enviar correos  molestos.

Para iso o alumno que está sendo molestado accede á mensaxería:

Clic en Nova mensaxe e procura o usuario creador da discordia. Seguidamente pincha no nome do alumno

E aparecen tres opcións. Neste caso escollerá a opción Bloquear o contacto:

Comprobemos agora se o alumno5 pode enviarlle unha mensaxe ao alumno1. Logeámonos como alumno5. Accedemos á mensaxería, procuramos o alumno 1 e enviámoslle unha mensaxe e o sistema imprime en pantalla un aviso:

 

5. Os foros. Subscrición.

A subscrición é un sistema mediante o cal un usuario da aula recibe un aviso con cada nova que se publique. Moodle crea por defecto un foro de novas, que como vimos na primeria sesión, funciona como un taboleiro. O foro de novas ten a particularidade que a subscrición é forzada, o que significa que o alumnado recibe o aviso da publicación do profesor e non pode eliminar a subscrición.

Ademais, se o alumno ten máis de 14 anos e ten engadido no seu perfil unha conta de correo electrónico (isto faise desde a área de administración á hora de matricular os alumnos), recibe un correo electrónico.

 

Sen embargo o docente pode engadir outro foro, por exemplo un foro de dúbidas, na que pode configurar a subscrición como forzada, voluntaria, activada por defecto pero coa posibilidade de desactivala.

6. A avaliación

a. Comparativa da avaliación no Moodle de Webs Dinámicas e no EVA E-Dixgal

b. Resumo da avaliación no EVA

 

7. As copias de seguridade

 

8. Creación de grupos

Cando un docente ten varios grupos dun mesmo curso, por exemplo Matemáticas 1ºA, 1ºB, 1ºC e 1ºD, desde Sistemas e en base á información recollida en Xade, crearánselle 4 cursos diferentes, un para cada grupo de alumnos. Sen embargo, resultaralle moi laborioso manter os contidos, recursos e tarefas dos 4 cursos. Para simplificar este proceso, a solución consiste en crear un curso de maneira manual, matricular aos alumnos dos 4 grupos neste curso e finalmente dentro dentes curso Moodle, crear os 4 grupos.

i. Edición do curso

Na configuración do curso, o profesor debe de activar os grupos

ii. Creación dos grupos

Inserir o nome dos diferentes grupos

Engádense os participantes da aula que formarán cada grupo

iii. Creación dos agrupamentos

O profesor debe de crear tantos agrupamentos como grupos. Pode empregar o mesmo nome para os agrupamentos que para os grupos. E engade participantes a cada un dos grupos

E engade en cada agrupamento os membros de cada grupo

iv. Creación dunha tarefa e deixala visible só para o agrupamento que interese. Os usuario de outro grupo non visualizan a tarefa.

Para entender o procedemento, o profesor crea dúas tarefas, unha para o agrupamento Segundo A e outra para o agrupamentos Segundo B, coas características que desexe. E no apartado de Configuración común do módulo, debe de restrixir o acceso á tarefa ao agrupamento que lle corresponda. Neste exemplo, creamos unha tarefa para o Agrupamento A e desexamos que a tarefa quede restrixinda para os alumnos de Segundo A e ademais non será siquera visible para os do grupo B

E seguidamente ir ao apartado Restrinxir acceso

E seguidamente creariamos outra tarefa para o agrupamento Segundo B, repetindo o proceso.

Deste xeito, os alumnos do segundo A visualizarían a tarefa destinada a eles e non as tarefas destinadas ao grupo segundo B.