S1 EDIXGAL. IES AGRA DE RAÍCES

1. Presentación persoal

2. Documentación do proxecto

a. Formación inicial

b. Formación avanzada

c. Formación para coordinadores

Youtube. Canle Espazo Abalar

David Castro

Javier Prado Espiñeira

Markos Mendiguren

Aurora V

Harold

3. Evaformacion

https://evaformacion.edu.xunta.gal/

4. Acceso ao catálogo. Contidos Dixit

Escollemos a editorial:

E seleccionamos os temas da materia

Contidos Dixit

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/dixit

5. Crear un curso. Elixir materia.

i. Ir ao fondo da páxina es premer en "Todas as materias"

ii. Clic en A Coruña

iii. Clic en Cursos de formación

iv. Engadir unha nova materia

v. Engadimos nome completo e nome curso (o nome curto non pode coincidir con outro curso do evaformación)

vi. E clic en gardar e presentar

vii. Escollemos a materia (bloque na columna da dereita)

6. Matricular ao alumnado

Clic en Matricular usuarios

E buscamos os alumnos segundo o código do curso, por exemplo: "c2002171", e seleccionamos os alumnos que consideremos

Finalmente clic en Matricular usuarios

7. Modo de visualización: Formato temas - Formato Menú. Número de seccións

a. Activar a configuración

b. Formato da materia. Escollemos "Formato dos temas". Clic en gardar e presentar

Activamos a edición

E engadimos os temas que desexemos

8. Foro de novas

Cando se crea un curso novo, Moodle automaticamente crea a Foro de novas. A función deste foro é a de informar ao alumnado das normas de funcionamento, do que ten que entregar, dar tarefas a realizar, facilitarlle exames doutros anos, libros de lectura obrigatorios, etc. En definitiva, é un taboleiro no cal está toda a información que precisa coñecer o alumnado para poder cursar con éxito a materia. Debemos de ter en conta que son moitos os pais que axudan aos alumnos nos seus fogares e eles non contan con esta información agás que apareza nalgún sitio. O foro de novas é o sitio idóneo.

Debemos ter en conta que o Foro de novas a información flúe de maneira unidireccional, desde o docente ao alumnado. Se un alumno ten dúbidas debe de empregar o foro de dúbidas. Por cada nova que o docente cree no Foro de novas, o alumnado recibe unha notificación. Debemos de ter claro que o aviso non o recibe de maneira instantánea, senón cando se execute no servidor unha tarefa cron.

9. Foro de dúbidas

Como o seu nome indica serve para a aclaración de dúbidas. A un alumno chegaralle unha notificación de cada unha das respostas que se dán no foro sempre e cando estea subscrito.

Para engadir un foro, o profesor debe de activar a edición e logo clic en Engadir unha actividade ou recurso:

10. Inserir libro de Edebé

a. Desde as pestanas

O profesor non pode esar en modo edición.

Unha vez escollida a unidade didáctica e a sección na que se quere inserila, débese premer no botón de sincronizar (no fondo da páxina)

b. Desde atopar recursos > búsqueda avanzada

11. Libros de Planeta (profe e alumno)

a. Desde as lapelas

b. Desde engadir Actividade

i. Activar edición

ii. Engadir actividades ou recursos

Seleccionamos curso, materia e tema

Gardar e presentar

12. Libros de Netex (scorm e smart)

a. Formato Scorm.

i. Desde Atopar recursos > Búsqueda avanzada

ii. Desde as lapelas

b. Forma Smart

Desde Engadir activides e recursos > Smart ClassRoom

13. Creación de etiquetas

En ocasións, desexamos que a apariencia dunha aula virtual sexa parecida a unha páxina web. Con isto acadamos que certa estética. Vexamos un exemplo:

O primeiro que facemos é engadir a etiqueta Pai, neste exemplo é a etiqueta onde aparece o logotipo de Writer

i. Engadir unha actividade ou un recurso > Etiqueta

2. Subimos a imaxe do logotipo de writer

https://i.ytimg.com/vi/XusjjbBm81s/maxresdefault.jpg

Se desexamos darlle un cor de fondo engadimos un pouco de código html

Ao pinchar na icona de html veremos un texto parecido ao seguinte:

O que debemos de facer é engadir ao principio do mesmo:

Se desexamos outro cor diferente podemos empregar:

E no final do código pechamos a etiqueta div con:

Quedando do seguinte xeito:

Seguidamente duplicamos esta etiqueta e movémola á dereita. Será a etiqueta fillo:

E xa na etiqueta fillo, volvemos a editar e escollemos opción Mover cara á dereita

E procedemos a eliminar o logotipo e engadir a información que vexamos de interese.