En ocasións non queremos andar configurando manualmente o dispositivo de saída de pulseaudio, como facemos co pavucontrol
O primeiro que facemos é comprobar as posibles tarxetas de son dispoñibles no sistema, ou ben en rede, no caso que o pulseaudio o teñamos instalado noutro computador.
pacmd list-sinks
E aparecerán listadas en diferentes index. Neste equipo, por exemplo só ten en funcionamento unha tarxeta estéreo analóxica:
* index: 0 name: <alsa_output.pci-0000_00_1b.0.analog-stereo>
Para fixala activa, escribimos a seguinte orde:
echo "set-default-sink alsa_output.pci-0000_00_1b.0.analog-stereo" | pacmd
Pero a súa vez, cada tarxeta da múltiples saídas, para altafalantes, liña de saída, ou auriculares, por exemplo. Podemos configurar manualmente no pavucontrol para ver como se denomina o port activo (o dispositivo ao que estamos mandando o son)
pacmd list | grep "active port"
Se queremos fixar esta saída por defecto
pacmd set-sink-port 0 analog-output-lineout
Sen embargo, ao reiniciar perderemos os cambios. Se queremos que queden fixados e se manteñan os cambios ao reiniciar debemos de editar o seguinte ficheiro:
sudo nano /etc/pulse/default.pa
E engadir a tarxeta de son e o porto ou dispositivo de saída que queiramos fixar por defecto.
#dispositivo de saída por defecto
set-default-sink alsa_output.pci-0000_00_1b.0.analog-stereo"
set-sink-port 0 analog-output-lineout