A. REFERENCIAS RELATIVAS

As referencias ás filas ou columnas cambian no caso de que a fórmula sexa arrastrada, ou ben copiada e pegada a outra cela

1. Creamos un novo documento e gardámolo co nome de refencias.ods. Cambiamos o nome da Folla, en vez de Folla1, chamarésmoslle REF_REL.

2. Na primeira cela A1, escribimos o número 5. Na segunda o número 10. Seleccionamos as dúas celas e arrastrámolas ata a fila 20. O resultado queda así:

3. Situámonos na cela B1, e engadimos a fórmula =A1*0,21.

4. Copiamos o contido da cela B1 e pegámolo en B2. E podemos observar que non copia o número, senón a fórmula e ademais a fórmula pasa de ser =A1*0,21 por =A2*0,21

5. Se arrastramos a fórmula ata o final, podemos ver que se vai modificando a medida que a arrastramos, resultando moi cómoda esta función.

B. REFERENCIAS ABSOLUTAS

1. Engadimos unfa folla nova cun clic na icona +. Terá o nome de REF_ABS

2. Na primeira columna engadimos os números desde o 1 ata o 20

3. Na cela B1 engadimos 21%

4. Na cela C1 introducimos a fórmula =A1*B1

5. Arrastramos a cela C1 ata a fila 20. Observamos que na columna C a partir da fila 2, o resultado é 0, cando o que queremos é que vaia multiplicando os valores da columna A polo valor da cela B1

6. Entón deberemos de "bloquear" o valor da fórmula en B1, de maneira que aínda que arrastremos, non mude o valor de B1. Para isto dirixímonos novamente á cela C1 e inserimos a fórmula =A1*B$1 

Con $1, bloqueamos a fila. Tamén podemos escribir $B$1, e así bloqueamos fila e columna e aínda que arrastremos en horizontal, mantense o valor da columna e da fila.

7. Arrastramos e enchemos ata a fila 20

C. VARIABLES

1. Creamos unha nova folla co nome de VARIABLE

2. Na primeira columna, coma no caso anterior, enchemos cos números desde o 1 ao 20

3. Na cela B1, engadimos 21%. Unha vez introducido o dato premendo na  tecla ENTER, pinchamos na cela e seguidamente na "Caixa do nome", que está á esquerda da barra de fórmulas, e substituimos B1 por IVE

4. Situámonos en C1 e introducimos a fórmula seguinte: =A1*IVE

5. Arrastramos ata á fila 20. Calcula correctamente sen necesidade de introducir referencias absolutas e relativas. Ademais en follas máis complexas non é necesario recordar en que cela está o valor do IVE, tan só facemos referencia ao mesmo coa variable.

6. O goberno decide baixar o IVE do 21% ao 16%. Só con modificar o valor da cela B1, a folla de cálculo recalcula todos os valores da columna C