1. Crear un documento Calc
2. Á primeira folla, chamarémoslle SUMA, e asignarémoslle un cor azul, premento en Cor da lapela. Prememos co botón dereito sobre a pestana.
3. Engadimos unha nova folla chamada RESTA cun cor de lapela verde
4. Inserimos unha nova folla chamada PRODUTO de cor laranxa
Unha vez inseridas as pestanas, o resultado debe de quedar deste xeito:
5. Dirixímonos á primeira lapela, á da suma
Na cela A1 escribimos o número 1. Seguidamente seleccionámola co rato, e pasa a ter un borde negro cun pequeno cadrado no borde inferior dereito.
Situamos o rato no cadriño negro ata que apareza unha cruz e tiramos deste cadro ata o número 20
E observamos que a folla de cálculo incrementa de forma automática a numeración ata o número que desexemos.
6. Na seguinte columna enchemos con números pares: 2, 4 , 6. Para isto, introducimos o número 2 na cela B1 e o número 4 na cela B2. Seguidamente seleccionamos as dúas celas e estiramos verticalmente e ata a fila 20
7. Obtendo o seguinte:
8. Colocámonos na cela C1 e engadimos a seguinte fórmula =A1+B1. Non é necesario escribir A1 ou B1, xa que podemos seleccionar estas celas co rato, resultando máis cómodo. Para que quede introducida a fórmula debemos de premer na tecla ENTER
9. Unha vez calculado o resultado seleccionamos a cela C1 e arrastramos ata a fila 20, e automaticamente calcula todas as sumas. Se facemos un clic na cela C20, por exemplo, podemos observar que a fórmula foi cambiando a medida que arrastramos a mesma. No caso desta cela a fórmula é a =A20+B20
10. Situámonos na cela A21, e inserimos a fórmula =SUMA(A1:A20).Neste caso estamos empregando os rangos nunha función.
11. Seguidamente colocámonos a cela B21, e prememos na icona de sumatorio:
O resultado queda do seguinte xeito:
FOLLA DA RESTA
1. Dirixímonos a folla da resta
2. Clic na cela A1. Nesta cela introducimos o valor da cela C1, pero da folla da SUMA, é dicir o número 3. Para isto escribimos o símbolo "=", e seguidamenta pinchamos na lapela SUMA e escollemos a cela C1. A folla de cálculo engadirá automaticamente a fórmula =$SUMA.C1
3. Se arrastramos a cela, como fixemos no caso da suma, a folla de cálculo enche os valores das celas correspondentes á columna C da folla SUMA
4. A todos os valores restarémoslle o valor 10. Para isto, como primeira solución enchemos a columna B e ata a fila 20 co valor 10. Non é necesario escribir 20 veces o valor 10, podemos escribilo dúas veces e arrastrar ata a fila 20
5. Situámonos en C1 e engadimos a fórmula =A1-B1, e procedemos a restar os valores das dúas columnas. E arrastramos.
6. Quedando así: