Crear formularios editables en LibreOffice Writer

Empregando as barras de ferramentas de Deseño de formularios e Controis de formulario de Writer podemos crear ficheiros PDF con campos editables.

O primeiro que debemos de facer é activar as barras de ferramentas de Controles de formulario e Deseño de formularios

Ver > Barra de ferramentas

Para que a edición resulte máis sinxela e cómoda, resulta interesante activar os botóns Mostrar grade e axustar á grade, que podemos atopar na barra de ferramentas Deseño de formularios

 

E pasamos a engadir as etiquetas:

E engádese o texto da etiqueta, dando un dobre clic enriba da mesma:

E seguidamente inserirmos unha Caixa de texto, pinchando na icona correspondente.

Seguidamente cun dobre clic na Caixa de texto e seleccionando o Campo da etiqueta, ligámolo á Caixa:

 

Writer permite engadir moitos controis ao formulario: horas, moedas, imaxes, etc.

Por último débese de imprimir o documento en formato PDF. Para iso pinchamos na icona correspondente:

 

Ao abrilo co visor de documentos, observamos que permite encher de contido o cadro de texto e gardalo (Gardar unha copia)