Instalar mblock 4.0.4 en Linux Mint 20 64 bits

Descargar Script bits

Para executar o script seguimos estes pasos:

Descargamos ficheiro e imos ao cartafol de Descargas

cd /home/usuario/Descargas

Escalamos privilexios

sudo su

Dámoslle permisos de execución sudo

chmod +x mblock.sh 

Executamos o script

./mblock.sh

Paso 1. Instalación de Arduino

sudo update

sudo apt-get install arduino

Paso 2. Instalación de mBlock

En primeiro lugar instalamos a seguinte librería:

sudo apt-get install libgconf-2-4

Descargamos a versión de mblock

wget http://mblock.makeblock.com/mBlock4.0/mBlock_4.0.4_amd64.deb

Procedemos a instalalo. Podemos facelo co gDebi ou ben co terminal. No segundo caso sería así:

sudo dpkg -i mBlock_4.0.4_amd64.deb

Pero é necesario que baixemos unhas cantas librerías

wget http://atio.es/pub/libpangoft2-1.0.so.0.4000.14

wget http://atio.es/pub/libpangoft2-1.0.so.0

wget http://atio.es/pub/libpangocairo-1.0.so.0.4000.14

wget http://atio.es/pub/libpangocairo-1.0.so.0

wget http://atio.es/pub/libpango-1.0.so.0.4000.14

wget http://atio.es/pub/libpango-1.0.so.0

Copiamos este ficheiros no seguinte cartafol: e as copiemos en /opt/makeblock/mBlock

Se accedemos ao menú de aplicativos, xa atopamos o programa no apartado de outras

4. Intalación das librerías de makeblock para Arduino

Tamén deberemos de instalar as librerías de makeblock para Arduino. Descargámolas do seguinte enderezo:

https://github.com/Makeblock-official/Makeblock-Libraries/archive/master.zip

Descomprimimos o ficheiro master.zip, e copiamos a carpeta makeblock na carpeta na que está instalado o Arduino. Para coñecer esta carpeta, o máis sinxelo de abrir o Synaptic e buscar Arduino

cp -rp /home/usuario/Descargas/Makeblock-Libraries-master/ /usr/share/arduino/lib

 

5. Enchufar o robot a un porto usb, e acendelo.

No mblock á dereita aparece un enlace chamado connect. Se prememos nel e escollemos a opción USB

connect

Debe de aparecer no selector, e seguidamente prememos en connect.

 

6. Do deseño á compilación e cargado do código  no mbot

Deseñamos o programa en mBlock. Unha vez que o teñamos deseñado, pinchamos en Edit>Arduino mode, para ver o código processing. Seguidamente pinchamos en Edit with Arduino IDE

EDIT

Automaticamente ábrese o IDE de Arduino, co código importado de mBlock. No Arduino debemos de elixir a placa Arduino UNO e en porto escollemos a opción USB0. Desde Arduino, tan só debemos de facer un clic en probar e subir.

No caso de que escollamos un programa de exemplo no arduino, debemos de cambiar a chamada á librería #include "MeOrion.h" por a librería #include "MeMcore.h"

mcore

Polo tanto, empregamos a interface de mBlock para deseñar o programa por bloques e o ide de Arduino para subilo ao mbot. Obviamente tamén podemos deseñar o programa directamente no IDE de Arduino en código processing, cando teñamos certa experiencia co deseño de bloques.