Instalar Google Chrome en Debian 64

 

Nas distribucións con arquitectura de 64 bits podemos instalar a aplicación Google Chrome. Para saber que arquitectura posúe o noso sistema operativo podemos empregar a seguinte instrución:

uname -r

 

Neste caso dispoñemos do kernel coa versión 4.9 e para unha arquitectura de 64 bits. Polo tanto podemos instalar o Google Chrome

Podemos facelo de varios xeitos.

1. Quizáis a máis sinxela sexa descargar o seguinte paquete .deb e instalámolo coa aplicación gdebi

https://dl.google.com/linux/direct/google-chrome-stable_current_amd64.deb

 

2. Tamén podemos instalar o paquete gdebi desde o terminal

su root

wget https://dl.google.com/linux/direct/google-chrome-stable_current_amd64.deb

dpkg -i google-chrome-stable_current_amd64.deb

 

3. Tamén podemos engadir o respositorio ao sistema e non empregar os paquetes .deb

a. Editamos o repositorio google-chrome.list

sudo nano /etc/apt/sources.list.d/google-chrome.list

b. Pegamos a seguinte entrada

deb [arch=amd64] http://dl.google.com/linux/chrome/deb/ stable main

Gardamos e saímos (Ctrl + o e Ctrl + x)

c. Engadimos a clave pública e importámola ao sistema

wget https://dl.google.com/linux/linux_signing_key.pub
signing key chrome sudo apt-key add linux_signing_key.pub

d. Actulizamos o listado de repositorios

apt update

e. Instalamos a aplicación

apt install google-chrome-stable