Instalación de Drupal 8 en configuración multisite en Dinahosting

atio

 

O seguinte titorial describe como instalar un Drupal 8 en modo multisite en Dinahosting. Imaxino que poderá funcionar tamén para otros servidores compartidos

O primeiro que debemos de decidir é se queremos ter unha soa base de datos ou compartir a mesma para todos os sitios do multisite.

  1. Instalamos un drupal 8. Para iso podemos empregar o drush, tal e como expliquei na entrada: http://blog.atio.es/node/8

  1. Unha vez rematada a instalación, debemos de facer un backup da base de datos do drupal a un ficheiro sql. Podemos facelo desde phpMyAdmin, dentro do portal de Dinahosting. Para iso vamos ao apartado de Mysql, abrimos o phpMyAdmin da base de datos empregada e vamos ao apartado exportar.

Teremos un ficheiro que podemos gardalo co nome backup_mysql_drupal.sql

Subimos este ficheiro ao servidor. Por exemplo podemos gardalo na carpeta bin, ou en calquera outra. Para subilo podemos facelo c

on scp, por exemplo:

scp backup_mysql_drupal.sql user@servidor.es:bin

  1. Seguidamente debemos de crear tantas carpetas como sitios queremos ter activos. O máis cómodo é facelo por ssh.

ssh usuario@servidor.es

cd ~/www/drupal/sites

mkdir sitio1 sitio2

Os nomes, deben de corresponder cos que queiramos empregar no subdominio. Se por exemplo no subdominio queremos algo así:

http://xoel.servidor.es

entón a carpeta que creamos dentro do drupal, debería de chámarse xoel

cd ~/www/drupal/sites

mkdir xoel

  1. Aínda que non teño demasiado claro se é necesario, dentro de cada carpeta creada debemos de crear as seguintes:

cd ~/www/drupal/sites/xoel

mkdir files modules themes tmp

  1. Copiamos da carpeta /www/drupal/sites/default, os ficheiros settings.php e default.services.yml na carpeta do novo sitio creado. No caso de default.services.yml cambiámoslle o nome por services.yml no novo cartafol.

cd ~/www/drupal/sites/default

cp settings.php ../xoel

cp default.services.yml ../xoel/services.yml

  1. Dentro de /www/drupal/sites hai un ficheiro chamado example.sites.php. Renomeámolo por sites.php

cd ~/www/drupal/sites/

ms example.sites.php sites.php

  1. Editamos o ficheiro sites.php. Nel engadimos un array dos diferentes sitios que temos no drupal

nano sites.php

E pegamos nel co seguinte contido, imaxinado que crearamos tres sitios: sitio1, sitio2, xoel. Para pegar ou copiar no terminal podemos facelo con Shift+Control+C ou Shift+Control+V

<?php

$sites = array(

      'sitio1.atio.es' => 'sitio1',

      'sitio2.atio.es' => 'sitio2',

    'xoel.atio.es' => 'xoel',

);

Preta moita atención ás comiñas!

Para saír do editor nano, prememos en Control+x e seguidamente en Y para salvar o cambios.

8. Entramos no portal de Dinahosting e vamos ao apartado de dominios. Dentro deste apartado dirixímonos ao subapartado subdominios.

Creamos 3 subdominios que apuntan ao cartafol no cal temos a instalación de Drupal

sitio1.servidor.es  www/drupal

sitio2.servidor.es  www/drupal

xoel.servidor.es  www/drupal

9. Tamén desde o portal de Dinahosting, vamos ao apartado de Mysql e creamos tantas bases de datos como espacios creemos. Debemos de indicar o nome da base de datos, o usuario e contrasinal.

Por exemplo, podemos poñer os seguintes datos:

base de datos: xoel_servidor

utente: user_xoel_servidor

contrasinal: Pass1234

Fixámonos que hai un check xusto embaixo que serve para importar unha base de datos xa existente.

10. Volvemos á carpeta xoel (para o resto de carpetas deberíanos de facer o mesmo):

cd ~/www/drupal/sites/xoel

dámoslle permisos de escritura:

chmod 700 settings.php

e editamos settings.php

nano settings.php

Desprazámonos ata o final do ficheiro ata que atopamos o apartado no cal se configura a base de datos. Engadimos os datos do apartado 9

$databases['default']['default'] = array (

 'database' => 'xoel_servidor',

 'username' => 'user_xoel_servidor',

 'password' => 'Pass1234',

 'prefix' => '',

 'host' => 'localhost',

 'port' => '3306',

 'namespace' => 'Drupal\\Core\\Database\\Driver\\mysql',

 'driver' => 'mysql',

);

11. Debemos de instalar o módulo Devel. Se non o temos instalado o Drupal liase cos enderezos, por mor da caché. Por exemplos se vamos a xoel.servidor.es/user/login, danos erro, decindo que non atopa o enderezo.

Para instalalo entramos co seguinte enderezo:

http://servidor.es/drupal

O enderezo do módulo devel é:

https://ftp.drupal.org/files/projects/devel-8.x-1.0-beta1.tar.gz

Tamén debemos de limpar a caché. Iso facémolo  desde o terminal e empregando o drush

drush cache-rebuild

Termo