Como quitar o botón dobrar da barra de tarefas en Debian XFCE

Moitos usuarios non acaban de verlle vantaxes ao botón de dobrar que aparece na barra superior dos programas, resultándolle molesta a desaparición da aplicación dun primeiro plano da pantalla. Vexamos como se desactiva:

Debemos de pinchar en Menú de aplicativos > Configuración > Xestor de configuración. Tamén podemos escribir no terminal a orde:

xfce4-settings-manager

Clic en Xestor de xanelas

Na disposición dos botóns, arrastramos o botón á zona de oculto