Como incrementar o tamaño dos ficheiros permitido en Moodle

O tamaño máximo dos fichieros que pode subir un usuario á aula virtual Moodle queda definido por varias variables.

1. A primeira delas é na propia configuración do servidor, concretamente no php.ini. Se temos acceso completo ao sistema, podemos mudar as seguintes etiquetas na ruta /etc/php/version/apache2/php.ini

; Maximum allowed size for uploaded files.
upload_max_filesize = 100M

; Must be greater than or equal to upload_max_filesize
post_max_size = 100M

2. Na configuración da Administración do sitio do Moodle, no caso de contar co rol de administrador.

a. Tamaño máximo dos ficheiros enviados. Isto serve para que un docente poida subir un ficheiro para restaurar unha aula, por exemplo



Administración do sitio > Seguranza > Polítcias do sitio > Tamaño máximo do ficheiro enviado

b. Entrega de ficheiros na tarefas. Vale para establecer o tamáño máximo dun ficheiro que envíe un alumno ao docente para posteriormente ser avaliado

Administración do sitio > Módulos de actividade > Tarefa > Engadidos de entregas > Entrega de fichieros > Tamaño máximo da entrega

 

3. Na administración do curso o profesorado pode limitar no seu propio curso o tamaño máximo. Entrando no curso que desexemos configurar:

 

Administración do curso > Editar a configuración > Ficheiros e envíos > Tamaño máximo do envío