Moodle. O amor entra polos ollos. O cabeceiro

Queiramos ou non a estética gústanos a todos, fainos mover, ilusionar. As tendas comerciais téñeno moi claro. Imaxinades un Mc Donalds nunha nave industrial construída con bloques e teito de fibrocemento?. Non, non é posible.

Polo tanto, debemos de coidar a estética da aula virtual, en primeiro lugar sendo ordenados e moi amables na participación dos foros e mensaxería en xeral. Un espazo no que os usuario teñan o perfil ben configurado co seu abatar. No caso de inserir textos mediante páxinas, por exemplo, é moi interesante inserir títulos con letra de maior tamaño e fontes distintas e empregar os puntos aparte para que o lector poida facer un descanso na lectura que convide á reflexión. Tamén é moi interesante  empregar etiquetas, botóns, táboas con cores, etc. En definitiva, trátase de darlle un aspecto un pouco máis humano a unha máquina.

Dispoñemos de software moi útil para personalizar a aula virtual. Destaco o Gimp e o Inkscape para inserir imaxes personalizadas e o Visual Studio Code ou o forlk VSCodium para a edición de código html, css ou javascript.

 

PERSONALIZAR O CABECEIRO

 

Activa a edición no teu curso


    1. No "Bloque 0" do curso (o primeiro que aparece, onde está situado o "Foro de novas"), pulsa sobre a icona de "Editar o resumo"


    2. Usando o editor de texto, crea un encabezado para o teu curso, de acordo aos seguintes criterios:


    • Deixa marcada a opción "Empregar o nome predeterminado da sección"
    • No caso en que non queiramos engadir unha imaxe, podemos inserir un texto. Así, no campo "Resumo" introduce o título da asignatura (ou materia) sobre a que vas a crear os temas do curso. Este título deberá ter un tamaño de letra de 24 pt. (ou máis) en cor azul ou calquera outra cor diferente á negra.
    • A continuación, no mesmo campo "Resumo" introduce un pequeno párrafo de benvida e/ou presentación do teu curso. Este párrafo debe levar un tamaño de letra inferior a 24 pt., e agora sí, en cor negra.
    • Sería moi interesante insertar unha imaxe que sirva como encabezado para o teu curso, pero ten coidado co tamaño desta imaxe xa que se é demasiado grande desplazará hacia abaixo todos os temas do curso.  Para isto recomendo empregar o software Inkscape


      a. Seleccionamos a opción Crear rectángulos e cadrados. E trazamos un rectángulo. Darémoslle unhas dimensións de 980x150 pixeles por exemplo

    b. Cambiámoslle a cor. Como traballamos con xente nova e optimista, poñamos cores atrevidas!

c. Podemos engadir un pequeno logo, debuxiño, etc. Dispoñemos de moitos bancos de imaxes, como os que puxen na seguinte páxina: https://blog.atio.es/node/247. A min as imaxes que máis me gustan son os ficheiros svg, xa que se escalan sen perder calidade e podemos darlle movemento ou cambiar as propiedades con javascript. Un par delas que me gustan son:
https://www.freevector.com/
https://www.freepik.es/
Descargamos un logo que nos guste e inserímolo dentro do fondo que deseñamos os pasos anteriores
https://www.freevector.com/computer-kid
Neste caso trátase dunha imaxe de adobe, con extensión ai, pero compatible con Inkscape

d. Ficheiro > Importar (todos os ficheiros) e seleccionamos a imaxe
e. Escalamos a imaxe, seleccionando a imaxe por unha esquina e premendo a tecla Ctrl
f. Desagrupamos a imaxe e eliminamos o fondo. Pode quedar algo así. Gústache?

g. Ficheiro > Propiedades do documento > Redimensionar a páxina ao contido...> Redimensionar a páxina ao debuxo ou á sección
j. Ficheiro > gardar como > cabeceiro.svg
k. Xa no moodle insertarmos a imaxe. En apariencia dámoslle un ancho de 100%, para que se axuste ao ancho máximo dispoñible. O alto deixámolo en branco

 

Para finalizar pulsa o botón "Gardar modificacións" , e observamos o resultado