Activar o editor de ecuacións wiris na aula virtual de Websdinamicas

Wiris é unha magnífica calculadora online. Didacticamente é unha marabilla, e ademais acompañará aos alumnos ata o primeiro curso da universidade.

https://calcme.com/

Wiris tamén dispón dun botón para inserir botóns nas publicacións de Moodle. Sen embargo non está activo por defecto. Actívase do seguinte xeito:

Administración do sitio > Engadidos > Filtros > Xestionar o filtros

Xa en Moodle, creamos por exemplo unha páxina. Na barra de ferramentas xa nos aparece o botón de fórmulas, que abre o editor de Wiris

E ao premer nel, abrirase a fiestra do editor: