Procurar información en Twitter

Cada vez é máis importante procurar información nas comunidades que comparten coñecemento. Nas redes sociais compártese moita información. Unha delas é Twitter

Non é necesario que nos rexistremos para procurar información en Twitter. Podemos facelo coa axuda do buscador DuckDuckGo

Concretamente debemos de procurar os atallos para procurar en Twitter cos bangs

E procurando os bangs para Twitter, aparécenos os seguintes:

Se desexamos procurar información específica sobre un tema etiquetado empregaremos !hashtag

 

 

E vemos resultados como os seguintes:

 

Se o que desexamos é procurar a información que publicou un usuario determinado, por exemplo

!@ MyBlueEconomy
 

 

Se o que desexamos é empregar a propia ferramenta de Twitter, ou ben participar na mesma, o que deberemos é rexistrarnos de forma gratuíta.