DuckDuckGo

Hai moitos motivos para seguir empregando Google para procurar de información, pero tamén existen motivos para deixalo de empregar. Para moitos resúltanos incómodo e preocupante que Google almacene información persoal. Un exemplo é o Google Location History:

https://www.google.com/maps/timeline

 

DuckDuckGo non recopila información persoal. Para acceder a este buscador facémolo desde a ligazón:

https://duckduckgo.com/

No caso de que non queiramos ver máis nada que unha caixa para a procura, empregaremos:

https://duckduckgo.com/lite/

 

Trucos para buscar en DuckDuckGo:

1. Mantéñense os trucos de google: +, -, comiñas, filestype, sytes, etc

 

2. DuckDuckGo, permite buscar información dentro doutras páxinas ou buscadores sen saír de alí. Na seguinte ligazón podes buscar os trucos para buscar dentro doutras páxinas: https://duckduckgo.com/bang

 

Por exemplo para buscar en google desde DuckDuckGo:

!g tecnoloxiaeducativa

Podemos buscar polo hastag no Twitter:

!hashtag coronavirus

Se o que desexamos é buscar imaxes con licenza copyleft da Costa da Morte

!cc costa da morte