Editar unha factura con LibreOffice Writer

 

 

PASOS PARA A EDICIÓN:

1. CONFIGURAR O FORMATO DA PÁXINA.

Formato -> Páxina

2. ENCABEZADO DA PÁXINA

a. Creamos un marco, con dimensionado automático

b. Áncora: Á páxina

c. Inserimos o seguinte texto

FACTURA
INFORMÁTICA AZCÁRRAGA
Rúa da Amargura nº13
A Coruña

d. Eliminamos o borde

e. Dámoslle formato cos fontes

Factura: Ubuntu 36. Cor azul

O resto do texto: Ubuntu 12. Cor negra

f. Inserimos imaxe do logotipo

Imaxe: https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/21/RITSI-logo.svg/314px-RITSI-logo.svg.png

Tamaño: Largura: 4 - Altura: 3.05 (marcar a opción "Manter as proporcións")

 

Resultado:

Podes descargar o que levamos feito do documento aquí

 

3. DATOS CLIENTE E NÚMERO DE FACTURA

a. Inserimos dous marcos. O marco da esquerda presenta os seguintes datos:

CLIENTE:
IES TERRA DE XALLAS
NIF:
ENDEREZO:

b. O marco da dereita, cos seguintes datos:

Nº DE FACTURA: 125
DATA: 25/01/2020
Nº DE PEDIDO:125146

c. En pripiedades do marco, eliminamos o borde

d. Para o primeiro marco, seleccionamos propiedades. Na lapela Tipo, marcamos o ácora coa opción "Á páxina" e configuramos a posición horizontal e vertical do primeiro marco

e. Para o segundo marco, deixámolo do seguinte xeito:

Resultado:

Podes descargar o que levamos feito do documento aquí

4. TÁBOA. ESTRUTURA

a. Táboa -> Inserir táboa

Columnas: 4 // Filas 10 // Estilos: ningún

b. Altura das filas: 1.20 (botón dereiro do rato -> Tamaño -> Altura de fila)

c. Columnas. Propiedades da táboa -> Columnas

 

d. Combiamos celas da parte inferior

e. Engadimos textos da táboa e dámoslle tamaño. Tamén centramos verticalmente os textos

Tamaño de fonte: 10

No caso do texto de TOTAL, deixámolo cun tamaño de 12, negrita e cor azul

Aproximadamente queda do seguinte xeito:

Podes descargar o que levamos feito do documento aquí

5. TÁBOA. DATOS E FÓRMULAS

a. Inserimos na táboa uns datos para comprobar o funcionamento das fórmulas.

b. Os nomes das pezas xustificámolas á esquerda. Separámolos do borde tirando o marcador da regra

c. Inserimos un prezos. Engadimos decimais e xustificamos á dereita. Separamos do borde, de maneira análoga ao apartado anterior

d. Colocamos unha fórmula na primeira cela do importe. Resulta moito máis cómodo seleccionas as selas da táboa, colocándonos enriba que escribíndoas

e. Copiamos a primeira cela na que engadimos a fórmula e pegámola nas seguintes celas, co obxectivo de non tes que inserir fórmulas en cada cela. Debemos de seleccionar toda a cela e non só o texto da fórmula. Copiamos e pegamos.

f. Tamén lle damos un formato con dous decimais, aliñamos á dereita e separámolo do borde. Queda do seguinte xeito:

g. Insermos o sumatorio no subtotal, comprobando que as celas que engade no sumatorio son as correctas

h. Inserimos a fórmula para ive (subtotal * 0.21). E o sumatorio do total. Ao total engadímoslle o símbolo do euro.

Podes descargar o que levamos feito do documento aquí

 

6. MARCO. CONDICIÓNS DE PAGO

a. Inserimos marco co seguinte texto:

CONDICIÓNS E FORMA DE PAGO

O ingreso farase nun prazo de 15 días

ABanca
IBAN: ES12 4562 1254 1452 2365

b. Posición

 

b. Configuramos un borde de color roxo no lateral esquerdo

Podes descargar o que levamos feito do documento aquí

7. CAIXA DE TEXTO. FACTURA PROFORMA

a. Inserimos unha caixa de texto na parte inferior, sen preocuparnos da posición, nin do tamaño de momento. Engadimos o texto: "factura PROFORMA"

b. Áncora -> a páxina

c. Xiramos o cadro e colocámolo en vertical

d. Tamaño

Largura 1.50

Altura 22

e. Posición

f. Seleccionamos o texto e dámoslle unha cor de branca á fonte e un fondo azul ao cadro de texto

g. Centramos o texto "verticalmente"

h. Escollemos a opción "Atributos de texto"

Deseleccioamos as opcións marcadas e escollemos "Axustar ao marco"

No espazamento até os bordes, deixámolo do seguinte xeito:

 

i. Para darlle curvatura nas esquinas do cadro de texto, clic en posición de tamaño (botón dereito do ratón), e ir á lapela "Inclinación e raio do canto"

Podes descargar o que levamos feito do documento aquí

8. ADORNAR A TÁBOA

Podemos darlle un pouco de estética á táboa. Por exemplo podemos destacar o encabezado con dúas liñas de cor vermello.

a. Seleccionar a primeira fila. Engadimos bordes na parte superior e inferior

Seleccionamos a continuación unha liña continua e escollemos a cor vermella.

 

Podes descargar o documento rematado aquí