Descargar e executar o LibreOffice sen ter permisos de root nin sudo

En ocasións temos que traballar nun equipo pouco actualizado e ademais non dispoñemos de privilexios para escalar a root ou permisos de sudo, o que nos permitiría en ambos casos poder instalar a última versión do programa.

O que debemos de facer é descargar a versión executable AppImage da páxina web: https://es.libreoffice.org/

En función do ancho de banda que dispoñamos e das nosas necesidades escoleremos a versión básica, estádar ou completa. Neste caso escollo a opción "Descarga versión Estable" da versión completa

E ao rematar a descarga disporemos dun ficheiro LibreOffice-still.full-x86_64.AppImage

Clic na icona co botón dereito do rato e escollemos Propiedades. Imos a lapela Permisos e dámoslle permisos de execución:

Pechamos e dobre clic na icona, pero nesta ocasión co botón esquerdo do rato. E ábrese o programa sen máis, e xa está totalmente operativo para traballar.