Instalación da Aula Virtual Santillana no maqueta Abalar 18.4

O primeiro que debemos de facer é descargar o programa de instalación da Aula Virtual Santillana do seu espazo web:

https://digital.santillana.es/descarga-aula-virtual/

Descargamos o ficheiro linux.tar.gz

Cando remate a descarga, descomprimimos o ficheiro, quedándonos dous ficheiros:

Pero antes de instalar nada debemos de instalar o paquete libgconf-2-4

sudo apt install libgconf-2-4

No caso de non instalalo, o sistema imprimirá o seguinte erro:

error while loading shared libraries: libgconf-2.so.4

Entón despois de instalar libgconf-2-4, procedemos a instalar o software da aula para a arquitectura 64bits (aulavirtual-3.2.5-linux-x64-installer.run) , simplemente cun dobre clic na  icona.

Clic en Adiante e aceptamos as condicións dos termos do acordo. No directorio de instalación escollo: /home/usuario/aulavirtual. E executamos a Aula.

Clic na icona +

Agregamos a Licencia. E clic en Seguinte. E o programa amosa outra fiestra na que debemos de engadir de novo as credenciais da licenza. Polo tanto debemos de engadir a licenza dúas veces, non se trata dun erro. E seguidamente a aplicacion comeza a actulizarse:

Clic no menú lateral e escollemos Libraría

E aparecen os libros:

A entrar nun libro, permitiranos Descargalo ou visualizalo online

Seguramente é máis práctico instalar os libros. Con isto, xa poderemos acceder aos contidos do libro.