Exportar desde LibreOffice a PDF híbridos

Cando exportamos un traballo en LibreOffice a PDF, podemos agregar a este ficheiro o documento fonte ODF, é dicir o propio documento, por se o queremos modificar. Vexamos como se fai:

1. Editamos un documento. Por exemplo o seguinte:

As fontes que empreguei neste exemplo foron:

a. Encabezado: Massallera 26

b. Corpo do texto: Ubuntu

 

2. Moi probablemente se este documento o queremos abrir noutro equipo, non dispoñamos destas fontes tipográficas. O primeiro que vamos a facer é incrustar as fontes no propio documento. Para  isto dirixímonos a Ficheiro -> Propiedades... E na pestana Tipo de letra, prememos en "Incorporar os tipos de letra no documento" e "Incorporar só tipos de letra que se empreguen en documentos" . Se marcamos só a segunda opción, ao abrir o documento co Writer nun equipo que non dispoña das fontes, o programa informaranos das fontes empregadas, pero non se visualizará de forma fidedigna. Obviamente, o ficheiro resultante terá un tamaño maior. Por este motivo, só usaremos esta opción no caso de que empreguemos fontes pouco habituais.

3. Seguidamente exportamos o documento a PDF premendo en Ficheiros -> Exportar como -> Exportar como PDF...

Na pestana Xeral, clic en PDF híbrido (incorporar ficheiros ODF)

4. Ao facer cli en exportar, gardamos o documento na ruta desexada

5. Se facemos un dobre clic, o documento abrirase co visualizador de documentos  pdf que teñamos instalado no equipo

Sen embargo, se prememos co botón dereito do rato enriba do documento e escollemos abrir con Writer, ou ben abrindo directamente o ficheiro pdf desde Writer

O documento abrirase correctamente, podendo volvelo a modificar ao noso gusto. Iso si, se o gardamos directamente o procesador de textos  non o fará en pdf, senón en odt. Se queremos que o faga en pdf, teremos que exportalo de novo.

6. Finalmente, se abrimos o pdf exportado nun equipo aínda que non dispoña das fontes empregadas neste documento, a visualización será correcta. Podes comprobalo descargando o pdf no teu equipo.

No caso en que só escolleras a opción "Incorporar só tipos de letra que se empreguen en documentos", a visualización non será exacta en Writer (aínda que si en PDF). Podes comprobalos novamente descargando o pdf no teu equipo.

7. Isto resulta moi útil, pois cando enviamos un ficheiro pdf, tamén estamos facilitando o ficheiro fonte para que se poda modificar e mellorar. Tamén, pode servir de utilidade cando un docente pode corrixir os traballos presentados en pdf polos alumnos.