Instalación de Libreoffice con flatpak

Debemos de ter permisos de administración no equipo, polo que debemos de coñecer o contrasinal de root, ou ben que o usuario que empreguemos teña permisos sudo

En Ubuntu: sudo su

En Debian: su root

Independentemente do estado no que se atope o equipo, non aparecerán problemas de dependencias, xa que os paquetes flatpak incorporan todos os paquetes necesarios para o correcto funcionamento do programa a instalar.

1. Con Flatpak

Para instalar un programa con Flatpak, deberemos de ter instalada esta utilidade no sistema. Para iso podémolo facer coa seguinte instrución:

sudo apt update

sudo apt install flatpak

 

2. Seguidamente dirixímonos á páxina flathub de escollemos Libreoffice

https://flathub.org/home

3. Clic en INSTALL e descargamos o paquete flatpakref

4. Abrimos o terminal no mesmo cartafol no que descargamos o paquete.

5. Executamos a seguinte instrución

sudo flatpak install org.libreoffice.LibreOffice.flatpakref

Cando nos pregunte o seguinte, respondemos con y (yes)

Configure this as new remote 'flathub' [y/n]:y

E volve a preguntar,  respondemos con y novamente:

Found in remote flathub, do you want to install it? [y/n]:y

O proceso é automático ata rematar.

 

6. Reiniciamos o ordenador para que apareza no menú do sistema operativo o programa instalado, se xa non aparece de maneira automática.

 

Se queremos actualizar un programa instalado con flatpak no sistema o primeiro que debemos coñecer é o nome do programa. Para iso listamos todos os programas instalados no computador con flatpak

flatpak list

E finalmente, se queremos actualizar este programa:

sudo flatpak update org.libreoffice.LibreOffice

E se o que queremos é desinstalalo:

sudo flatpak uninstall org.libreoffice.LibreOffice