Enunciado
O Concello dunha gran cidade dispón dun paquete de 2000 vivendas sociais. Todas están en aluguer a razón de 200 euros ao mes. Decide vendelos a un fondo voitre. A empresa sabe que por cada 5 euros que suba o aluguer perderá 10 inquilinos. A que prezo poñerá o aluguer para obter o máximo beneficio?
Fonte: José Ángel Murcia: "Y me llevo una"
1. Creamos tres columnas na primeira folla
O primeiro que observamos é que non axusta de forma automática os anchos das columnas. Prememos co rato enriba da primeira columna e seleccionámola. Seguidamente pulsamos a tecla Ctrl e seleccionamos a columna B, C e D. Seguidamente facemos un clic co botón dereito do rato e escollemos a opción "Largura ideal"
Aparece a seguinte fiestra, que aceptamos sen mudar o valor por defecto:
2. Na segunda fila representamos a situación na que todos os pisos (2000) están ocupados. Na última columna colocamos a fórmula que multiplique o número de pisos ocupados polo aluguer.
Para inserir a fórmula pinchamos la cela D2 e escribimos o signo =, e seguidamente pinchamos en B2. A continuación no teclado escribimos o signo da multiplicación * , e por último clic na cela C2
Tecla Enter para rematar o proceso. Xa temos a primeira fórmula engadida. Hai que ter en conta que a folla de cálculo neste caso multiplica o valor que temos na celas B2 e C2, pero modificando o valor das celas, recalcula os ingresos.
3. O enunciado dinos que incrementando 5 euros o fondo perderá 10 inquilinos. Do que deducimos que se o fondo sube 50 euros, marcharán 100 inquilinos. Para que nos sexa máis manexable a táboa traballaremos con incrementos de 50 euros.
Para iso colocámonos na cela A3 e inserimos 100. Seguidamente seleccionamos a cela A2 e A3 de maneira conxunta (pinchamos en A2 e sen soltar o botón do rato, arrastramos a A3) aparecendo un puntiño negro na marxe inferior dereita
E agora, pinchando nese puntiño, arrastramos en vertical ata que nos apareza o valor 2000, é dicir, que todos os pisos estean baleiros.
Quedando así:
3. Escribimos 1900 en B3, seleccionamos B2 e B3 e arrastramos ata a fila 22. Queda algo así:
4. En canto ao aluguer, facemos incrementos de 50 en 50 euros. Podemos colocar 250 en C3, seleccionamos C2 e C3 e arrastramos
5. Finalmente arrastramos a fórmula de D2 ata o final. Se pinchas en calquera cela dos ingresos, fíxate como foi cambiando a fórmula ao arrastrala. Por exemplo na cela D9, a fórmula é "=B9*C9". É moi importante ter isto en conta, para outros problemas, cando teñamos que multiplicar polo valor dunha cela que ten que permacer constante. O resultado é o seguinte:
6. Seguidamente engadímoslle á columna D un formato condicional para que destaque o valor máis alto da táboa.
A. Seleccionamos desde D2 ata D22.
B. Clic en Formato > Condicional > Condición
C. E engadimos a seguinte condición: Que o valor de calquera das celas seleccionadas teña un valor igual ou maior ao valor máximo nese rango. Debemos de fixarnos hai que bloquear as celas co símbolo $ para que faga o cálculo correctamente.
D. Seguidamente engadimos un gráfico. Seleccionamos todos os datos e logo clic en Inserir > Gráfica
a. En tipo de gráfica escollemos Liña
b. clic en Primeira columna como etiqueta
c. Personalizamos a gráfica
d. E o resultado pode ser o seguinte. Pero facendo dobre clic na gráfica podémola personalizar bastante