Libreoffice Writer. Encabezado e pé de páxina

Colocamos o cursor na parte superior de calquera páxina. Prememos no símbolo +

2. Inserir > marco

E configuramos as dimensións de largura como de altura. En canto á largura podemos asignarlle o ancho do folio (21 cm) menos o marxe da esqueda e dereita. Por exemplo 17 cm. Tamén configuramos a posición.

 

Seguidamente para introducir un texto dentro do marco que acabamos de introducir, o que debemos de facer é previamente inserir un novo marco dentro do marco anterior. Polo tanto un marco dentro doutro marco.

En cando ao marco interior inserímolo cunha dimesión máis pequena e con dimensionamento automático. De xeito que o marco irá medrando en función do contido.

 

Seguidamente introducimos o  texto dentro do marco interior, sen preocuparnos dos bordes, transparencias, etc. pois iso xa o facemos de maneira automática a través dos estilos. Polo tanto, cando non teñamos seleccionado o marco, clic dentro do cadro e escribimos o texto:

Seleccionamos o marco interior e aliñámolomo á dereita, empregando as ferramentas dos marcos

Abrimos o cadro da configuración dos estilos. Podemos facelo pulsando a tecla F11 do teclado ou ben indo a Estilos > Xestionar estilos. Por unha  bando imos a configurar a visualización do marco, e por outra o texto que aparece no interior dos marcos:

 

Eliminamos os bordes e asignámoslle unha transparencia do 100%

Se queda algo así. Se non temos os marcos na área do encabezado, con arrastralo a esa zona xa o replica para todos os folios do documento.

Modificamos agora o estilo dos textos inseridos dentro do marco:

E escollemos como fonte Ubuntu Light con tamaño 12, por exemplo

 

Co pé de páxina procedemos de igual xeito, pero centrando o contido no centro da páxina e engadindo o número de páxina. Polo tanto un marco do ancho do folio, e outro marco no interior do primeiro, neste caso centrado. Dentro deste último inserimos o número de páxina.

 

VOLVER Á PÁXINA PRINCIPAL