Engadimos columnas aos subapartados B, C, D do capítulo 4 "Pautas xerais...."
Organizamos o texto de maneira que na columna da esquerda apareza a descrición do problema e na dereita as pautas que deben de ter en conta os docentes.
1. Seleccionamos o textos que queremos engadir nas columnas. Comezamos co apartado 4 B (Deberes e traballo) e continuamos seguidamente ata o apartado H (Coordinación motora)
2. Clic en Formato-columnas. " columnas, espazo entre elas 2 cm e eliximos o tipo de liña separadora
Quedando:
3. Para que a información relativa a ¿Que facer? apareza na columna da dereita, inserimos unha quebra de columna. Situamos o cursor diante de ¿Que facer? e clic en Inserir > Máis quebras > Inserir quebra de columna
Se aparece a descrición na columna da dereita engadimos unha quebra despois do texto que non lle pertence estar na columna da dereita para que salte de novo á columna da esquerda.
Pode quedar algo así:
4. O ficheiro queda así unha vez engadidas as columnas: Ásperger_Columnas.odt