Engadimos un índice automático ao documento de maneira de que nos informe en que páxina se atopa cada título.
1. Inserimos unha nova folla entre a portada e a primeira
- Situamos o cursor diante da primeira palabra do documento: Definición
- Clic en Inserir - quebra manual-quebra de páxina (ctrl + intro)
- Queda deste xeito:
2. Situámonos na segunda folla e prememos en Inserir > Índice e Índices analíticos
3. Engadimos o título do índice e aceptamos
Quedando do seguinte xeito:
É importante asignarlle un estilo á folla do índice. Se non o facemos, cando engadamos un encabezado e pé de páxina ao resto do documento, aparecerá tamén nesta folla, e é probable que non o queiramos visualizar, ou si.
Pero para facer isto, debemos de modificar o estilo da primeira páxina.
Dirixímonos a Organizador, e en "Estilo seguinte", escollemos "Índice"
E da mesma maneira, debemos de configurar o estilo Índice. Para isto colocámonos no estilo do Índice, modificámolo e escollemos como seguinte estilo o Predeterminado:
Finalmente colocámonos na folla do índice, seleccionamos Índice no cadro de Estilos e formateado. Prememos na tecla ENTER para asignalo.
Se imos pinchando en cada páxina visualizamos a correcta asignación de estilos ás diferentes follas.