1. Engadir unha páxina nova para a portada.
2. Inserimos un marco para aliñar con facilidade as imaxes da portada.
3. Inserimos no interior do marco as seguintes imaxes (Inserir > Imaxes)
https://commons.wikimedia.org/wiki/File:CC-BY-NC-SA.svg
4. Queda do seguinte xeito
5. Axustamos o tamaño segundo as nosas preferencias e aliñamos as dúas imaxes á esqueda, premendo na icona:
6. Quitamos o borde negro ao marco. Para iso seleccionamos o marco e clic na icona de configuración dos bordes.
E configuramos a transparencia do marco ao 100%. Para iso clic co botón dereito do rato no marco e escollemos Propiedades
7. Seguidamente engadimos unha caixa de texto para inserir o título do documento: "Síndrome de Ásperger"
8. Dámoslle un tamaño de fonte de 32 px e centramos o texto en horizontal. Na aliñación vertical, colocamos o texto na marxe inferior
9. Modificamos o estilo da páxina, eliminando nesta páxina os marxes e engadimos unha cor de fondo.
a. Eliximos no menú Estilos a opción Xestionar Estilos (F11)
b. Eliximos a opción follas. Modificamos o estilo Primeira Folla, escollendo a opción Modificar ao premer co botón dereito do rato
c. Eliminamos os marxes e engadimos cor de fondo con transparencia do 50%
E deste xeito queda a portada