Publicar un vídeo en Moodle

En moitas ocasións é o propio docente quen graba un vídeo dunha actividade ou experiencia. O primeiro que debe de facer é diminuír o peso do vídeo para que teña un tamaño apropiado para a publicación web, e a súa vez para que non supoña moito consumo de datos aos usuarios. Aínda que existen moitas maneiras de baixar o peso, é dicir os megabytes dun vídeo, deixo por aquí o método que emprego eu.

 

1. HandBrake

En Source escollemos o vídeo que desexamos baixarlle o tamaño

source.png

Na pestana Summary indícanos as dimensión que ten o vídeo. Neste exemplo ten 1920*1080 px. Pero ocupa 160 mb. Deberemos de baixarlle o tamaño, basicamente para non arruinarlle o ancho ancho de banda aos usuario que queiran visualizalo.

Pinchamos en Picture

picture.png

En Storage Geometry, baixamoslle o tamaño ata o desexado. Con un width de 512 mantén unha visualización moi boa. Ao ir baixando o ancho, automaticamente xa adapta o alto (height). Tamén deberemos definir o nome do ficheiro e o cartafol de saída. Fixámonos que o Handbrake cambia a extensión a m4v.

novasdimensions.png

Finalmente clic en Start, para que faga a conversión de tamaño. O novo tamaño do vídeo é de 33.4 Mb. Procedemos agora co ffmulticonverter a convertilo nun ficheiro mp4

2. ffmulticonverter

Empregaremos este software para convertir a extensión m4v a mp4. Se non o temos instalado, podémolo facer coa seguinte instrución:

su root

apt install ffmulticonverter

Engadimos o ficheiro que nos gardou o Handbrake. Clic en Engadir. En converter, escollemos a extensión mp4. Eliximos o cartafol de saída. Finalmente clic en Converter.

ffmulti.png

Con este software poderíamos evitar empregar o Handbrake, pois pinchado en Máis podemos observar que podemos cambiarlle o tamaño directamente. Sen embargo entendo que é máis sinxelo co Handbrake.

O tamaño final deste vídeo exemplo é de 13.2 Mb, tamaño máis razonable.

3. Publicalo en Moodle

Agora, unha vez que o docente ten o vídeo co tamaño axeitado, debe de crear unha nova páxina na cal inserilo. Vexamos o proceso:

a. Crear páxina

b. Xuntar o ficheiro de vídeo como arquivo incrustado

Enviar ficheiro: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbainas/system/files/colega.mp4

c. Clic en engadir vídeo

Procurar o ficheiro incrustado, e seleccionar

d. clic en gardar e mostrar