Nas novas versións do navegador Firefox por defecto sempre corta os contidos Firefox, independentemente que teñamos actualzado o plugin de Flash (Shockwave Flash).
1. Se corta os contidos flash, pero temos o plugin flash actualizado
a. Clic en Abrir menu

b. Clic en complementos

c. Clic en Engadidos
d. Escollemos a opción Shockwave Flash e clic en Preferencias
e. Desmarcamos o check de Block dangerous and intrusive Flash content
f. Clic en Engadidos novamente e seleccionamos "Activar sempre"
2. Sen embargo cando estamos traballando cun equipo cunha versión de flash obsoleta, o propio Firefox non nos permite escoller a opción "Activar sempre". Aparece difuminada. E ademais aparece un aviso en cor vermella que nos alerta co seguinte aviso:
O normal é que actualizáramos á ultima versión de Firefox, pero só o poderemos facer no caso de que sexamos administradores do sistema operativo. Na seguinte nova, está explicado como anovar o plugin flash
Pero no caso no que non sexamos administradores do equipo e se confiamos plenamente nos contidos flash que vaiamos abrir, podemos desactivar o aviso anterior.
a. Na barra de direccións imos á seguinte dirección:
about:config
E aceptamos o aviso de risco!
b. No buscador procuramos: extensions.blocklist.enabled
c. Dobre clic na liña de configuración de extensions.blocklist.enabled, pasando o valor a false
d. Procuramos: http_https_only
E tamén configuramos Value con false (por defecto está en true)
e. Se nos diriximos novamente a fiestra de configuración de complementos, veremos que xa desaparece o aviso, e permite escoller a opción "Activar Sempre"
E ao abrir un contido flash xa podemos visualizalo correctamente.