Campamento de inmersión lingüística de Inglés na Costa da Morte

 

Fai anos, dominar o inglés era un plus, unha vantaxe. Na actualidade, non dominalo ten bastantes consecuencias, pois quedas fóra de xogo, non contas. Moitas entrevistas de traballo xa son en inglés e a nivel universitario, algunhas aulas impártense nesta lingua. Aprendelo só estudando non é sinxelo. Como mellor se aprende é se hai unha emoción asociada!

Na zona de Cee (A Coruña), contamos cunha escola na natureza que organiza campamentos de inmersión lingüística con rapaces ingleses e galegos. Aproveitan, como non, para pasalo en grande: excursións, cursos de surf, vida de campamento...e como non, inglés!.

Na web da escola dispoñedes de toda a información, e ademais podedes visualizar o tipo de actividades que realizan:

https://www.4elementsgalicia.com

Campamentos de verán:

https://www.4elementsgalicia.com/upcoming-camps-2019