Cando Ubuntu ou Mint non conecta co EVA Edixgal

 

 

En determinadas versións de Ubuntu e Mint deixan de ter acceso ao EVA. Se modificamos manualmente o ficheiro /etc/resolv.conf, e substituimos o nameserver de 127.0.0.53 por 10.180.188.75, e recargando a conexión de rede, coa seguinte instrución, o navegador abre correctamente a páxina do EVA https://eva.edu.xunta.es

./etc/init.d/networking restart

Sen embargo ao reiniciar deixaremos de ter acceso ao EVA, pois o systemd recarga a configuración do resolv.conf ao seu valor por defecto 127.0.0.53. Vexamos como podes configurar a conexión e facer persistentes os cambios:

1. Modificar /etc/netplan/1-network-manager-all.yaml.

Fai unha copia do ficheiro antes de modificar nada:

cp /etc/netplan/1-network-manager-all.yaml /etc/netplan/1-network-manager-all.yaml.old

Fai un copia e pega. Debes de respectar os tabuladores. Se non están correctamente introducidos non daranos fallos ao aplicar os cambios con netplan apply.

Antes de editar debes de coñecer o nome da tarxeta de rede. Podes facelo con ipconfig -a ou con ip link show, e seguidamente debes de saber cal é a ip do teu equipo. Neste exemplo, engado a ip dun centro con dos rangos de IP

No meu caso, o nome da interface é: enp0s3

IP. 10.62.1651.211

Máscara de subrede: 255.255.254.0 (poño 23). Nun centro cun só rango, a máscara sería 255.255.255.0 (poñeríamos 24)

Porta de enlace (gateway 10.62.164.1)
DNS: 10.180.188.75

nano /etc/netplan/1-network-manager-all.yaml 

(repito, mantén os decimais, e fíxate que o nome da interface sexa o correcto, e por suposto os datos de configuración da rede: ip, broadcast, dns, etc)

network:
  version: 2
  renderer: networkd
  ethernets:
    enp0s3:
      dhcp4: no
      dhcp6: no
      addresses: [10.62.165.211/23, ]
      gateway4:  10.62.164.1
      nameservers:
              addresses: [10.180.188.75]

 

2. Executamos a orde

netplan apply

 

3. Comprobamos que a  nova dns aparece aqui:

cat /run/systemd/resolve/resolv.conf

O sistema imprime a nova dns que configuramos no paso 1: 10.180.188.75

 

4. Agora debemos de crear unha ligazón de  /run/systemd/resolve/resolv.conf a /etc/resolv.conf.

sudo ln -sf /run/systemd/resolve/resolv.conf /etc/resolv.conf

 

5. Reiniciamos e comprobamos que temos acceso ao EVA. Se visualizas o contido do dicheiro /etc/resolv.conf, observarás que agora xa mantén o novo servidor de forma permanente.

cat /etc/resolv.conf