Editor de fórmulas Wiris en Moodle

Resulta moi útil ter un editor de ecuacións de Wiris a man. Para iso, podemos instalo en Moodle como unha ferramenta externa. Vexamos como se fai:

 

1. Abrimos a aula virtual Moodle. Clic en editar e engadimos recurso

2. En tipo de ferramenta pinchamos en +

3. E cumprimentamos o formulario do seguinte xeito:

Nome da ferramenta: Wiris editor de ecuacións (por exemplo)

Tool Base URL: https://www.wiris.net/instructure.com/canvas/editor/config

O resto das celas deixámolas en branco

Clic en gardar modificacións

4. Volvemos á pantalla anterior. Debemos de cumprimentar a parte xeral:

Nome de actividade: Editor de ecuacións (por exemplo)

URL de inicio: https://www.wiris.net/instructure.com/canvas/editor/config

Clic en gardar e mostar

5. Este é o resultado. No editor engadimos as fórmulas que queiramos, coa tipo de fonte, tamaño, cor, etc

6. Seleccionamos a fórmula e prememos a combinación de teclas Ctrl + c (copiar). Realmente non compiamos a imaxe, senón o código html que está por detrás. Seguidamente creamos unha páxina nova, tanto en Moodle como en Drupal e pegamos como código html a fórmula Ctrl + v. Debemos de ter en conta que no caso de Drupal (versión 6), introducimos o código desactivando o texto enriquecido (Disable rich-text)

a. Moodle

b. Drupal

<math xmlns="http://www.w3.org/1998/Math/MathML"><mstyle mathsize="20px"><mrow><munder mathcolor="#00007F"><mrow><mi>l</mi><mi>i</mi><mi>m</mi></mrow><mrow><mi>x</mi><mo>&#x2192;</mo><mo>&#x221E;</mo></mrow></munder><mfrac mathcolor="#00007F"><mrow><mn>5</mn><msup><mi>x</mi><mn>3</mn></msup><mo>+</mo><mn>2</mn><msup><mi>x</mi><mn>2</mn></msup><mo>-</mo><mn>1</mn></mrow><mrow><mn>2</mn><mi>x</mi><mo>+</mo><mn>3</mn></mrow></mfrac></mrow></mstyle></math>

E este sería o posible resultado

 

limx5x3+2x2-12x+3