Existen varias formas de engadir fórmulas na aula virtual Moodle ou no Drupal. Vexamos unha moi sinxela, que consiste en copiar o código desde o editor de ecuacións de Wiris ou Calcme
a. Entrar no enderezo: https://calcme.com
b. Inserir a fórmula desexada. Lembra que podes utilizar os atallos de teclado para ir máis rápido (por exemplo maiúsculas + 7) para inserir unha fracción, ou (control + cursor arriba) para inserir un expoñente
c. Seleccionamos a fórmula e prememos na combinación de teclas Ctrl + c , para copiar a fórmula ao portapapeles
1. PEGAR O CONTIDO EN MOODLE
a. Abrirmos o Moodle e creamos un tipo de contido Páxina. Pinchamos na icona de Editar código HTML
b. Pegamos o contido o portapapeles. Como podemos comprobar, trátase de código MathML
c. Clic en Actualizar. E este será o resultado:
2. PEGAR O CONTIDO EN DRUPAL
a. Creamos un novo contido tipo Páxina. Desactivamos o texto enriquecido
b. Pegamos o contido do portapapeles, e ¡importante!, seguidamente clic en Gardar.
Sen embargo é moi posible que o tamaño de visualización sexa moi pequeno e queiramos que se vexa máis grande, cun tipo de fonte determinado ou cunha cor específica. Deberemos de botar man dos estilos css para iso. Poderíase empregar o seguinte código a modo de exemplo:
<!DOCTYPE html><html><head> <style> math{font-family: TeX-fonts-35; font-size:2em;} </style> </head> <body> <math xmlns="http://www.w3.org/1998/Math/MathML"><mfrac><mn>2</mn><mn>4</mn></mfrac> <mo>+</mo><mfrac><mn>1</mn><mn>3</mn></mfrac><mo>+</mo><mfrac><mn>4</mn><mn>6</mn></mfrac> <mo>=</mo></math> </body> </html>
E a visualización web quedaría do seguinte xeito: