Instalar ActivInspire na maqueta Abalar Libre

Se desexamos instalar a versión 2.14 de ActivInspire na maqueta Abalar Libre, tanto na versión para Jessie como na de Stretch, debemos de agregar seguinte fonte a sources.list

deb http://activsoftware.co.uk/linux/repos/ubuntu xenial non-oss

Abrimos:

mousepad /etc/apt/sources.list

E e engadimos a nova:

deb http://activsoftware.co.uk/linux/repos/ubuntu xenial non-oss

Tamén debemos de descargar a clave de autentificación e instalala, xa que varía con respecto á primeira que instalamos no apartado 1

wget http://activsoftware.co.uk/linux/repos/driver/PrometheanLtd.asc
sudo apt-key add PrometheanLtd.asc

Actualizamos as fontes

apt update

Instalamos:

apt install activinspire

Unha vez que o instales unha vez nun equipo, poderás copiar os ficheiros .deb do cartafol /var/cache/apt para que non teñas que volver a descargalos novamente para cada un dos equipo nos que queiras instalar o encerado.

Unha vez instalado o ActivInspire, pódese descargar o paquete de recursos. Para iso tan só debemos de descargar o paquete de recursos do seguinte enderezo:

http://activinspire.s3.amazonaws.com/resource_pack/ActivInspire_main_res_v1.1_ESP.as4a

E seguidamente abrir o ficheiro ActivInspire_main_res_v1.1_ESP.as4a, co ActivInspire e ndicarlle ao software que proceda a instalalos non "Meus recursos"

No caso de querer instalar o driver pois pretendedes traballar directamente co encerado Promethean, deberemos de seguir a documentación que nos ofrece o fabricante: https://support.prometheanworld.com/article/1623/

As instrucións son as seguintes:

Editamos sources.list

sudo nano /etc/apt/sources.list
Engadimos a seguinte fonte:

deb http://activsoftware.co.uk/linux/repos/driver/ubuntu xenial oss non-oss 

Descargamos a chave de autentificación e procedemos a instalala

 wget http://activsoftware.co.uk/linux/repos/driver/PrometheanLtd.asc

sudo apt-key add PrometheanLtd.asc

E finalmente procedemos a instalar os paquetes do driver:

sudo apt install activtools

Sen embargo o programa de calibración na maqueta Abalar non funciona debido a incompatibilidade das librerías. Por iso para calibrar este encerado empregaremos a ferramenta Aplicativos > Sistema > Calibrate Touch Screen