Instalar Smart Notebook 11 na maqueta Abalar Libre 32 bits

notebook11

Deberemos de ter claro que este software no funciona para arquitecturas de 64 bits. Só funciona para 32 bits.

1. Previamente deberemos de descargar a instalar os seguintes paquetes:

libcurl3

https://debian.pkgs.org/8/debian-main-i386/libcurl3_7.38.0-4+deb8u11_i386.deb.html

libnspr4-0d

http://ftp.de.debian.org/debian/pool/main/n/nspr/libnspr4-0d_4.12-1+debu8u1_i386.deb

libudev0

http://launchpadlibrarian.net/132294322/libudev0_175-0ubuntu19_i386.deb

 

2. Descargar o software Notebook 11 desde a páxina web do fabricante. Deberemos de cubrir o formulario para que nos permita descargar o programa

https://education.smarttech.com/en/products/notebook/download#admin

descargar smart

3. Descomprimir o ficheiro

4. Escalar a usuario root para proceder coa instalación

su root

5. Acceder á ruta /smart_software_deb_repo/dists/stable/non-free/binary-i386

6. Instalar todos os paquetes deb coa seguinte instrución:

#dpkg -i *.root

7. Obtemos un erro, xa que aparecen dependencias por cumprir. Executamos a seguinte orde que nos amaña as dependencias e procede a instalar o software

 

software notebook

 

Atención. Non recomendo actualizar o firmware da pantalla desde o sistema operativo Linux. No meu caso fíxeno e obtiven un erro, polo que quedou a pantalla parpadeando en ámbar. Para arranxalo, tiven que actualizar de novo o firmaware desde Ms Windows coa ferramenta SMARTFirmwareUpdater. Para descargar a versión 11 de Notebook para Smartboard, eu fíxeno desde a seguinte páxina: https://www.limsmart.it/scarica-smart-notebook/smart-notebook-11-4-x-windows/