Instalar impresora con cups

Quizais a maneira máis sinxela, e a vez máis completa, de instalar impresoras en Linux é empregando a ferramenta CUPS. Para acceder á mesma abrimolo navegador  e escibimos o enderezo localhost:631

 

 

Dirixímonos ao apartado de Administración e clic en Add Printer

Engadimos o usuario root (se non cambiamos o contrasinal de defecto, será toor)

Na seguinte páxina aparecen as impresoras que detecta, tanto as conectadas directamente ao computador, como aquelas que están contectadas á rede local

Neste exemplo instalamos unha impresora Samsung ML-2010. Clic en continue. Sen embargo non aparece o driver na base de datos:

 

Pero chegados ata este punto, pode ocorrer que aparezan os drivers na base de datos de cups, ou non. Antes de nada, podemos incrementar o número de drivers en cups cos drivers de Foomatic-db. Instalemos, polo tanto, este paquete:

su root

apt install foomatic-db

 

Como sempre, podémolo facer tamén co synaptic:

 

Neste caso efectivamente si dispoñemos do driver da impresora Samsung ML2010.

Sen embargo, non sempre ocorre isto. En moitas ocasións, non aparece o driver específico para a impresora que estamos buscando. Neste caso deberemos de dirixirnos á seguinte páxina para procurar o driver específico:

http://www.openprinting.org/printers

Neste caso temos sorte. Clic en "Show this printer". Descargamos o paquete DEB para a arquitectura do noso sistema operativo. Se estivéramos cun Debian de 32 bits, descargaríanos o seguinte:

Instalamos o paquete DEB co gDebi. Se imos novamente a cups, aparecerán alí os drivers da impresora.

VOLVER AO CURSO