Instalador de paquetes gDebi

 

Unha das maneiras de instalar software nas distribucións da familia Debian é coa axuda dos paquetes DEB. O procedemento para instalar estes paquetes é moi sinxelo:

 

1. Descargamos dun enderezo coñecido un paquete .deb,  tendo en conta, obviamente a arquitectura do noso sistema:

Neste exemplo descargamos un software que serve como curso de mecanografía chamado klavaro

a. klavaro 32 bits

b. klavaro 64 bits

2. Co explorador de ficheiros, dirixímonos ao cartafol de Descargas, salvo que se descargara o ficheiro noutra carpeta. Abrimos o ficheiro cos aplicación gDebi (instalador de paquetes)

 

 

Aparece unha advertencia na que nos avisa que temos unha versión similar nos repositorios. Obviamente sempre é mellor instalalo desde os repositorios de Debian, pois a orixe será de confianza. Neste exemplo, instalaremos o paquete deb, ignorando a advertencia:

Clic en Pechar e posteriormente clic en Instalar paquete

 

Introducimos o contrasinal de root e esperamos ata que remate de instalar

 

 

Clic en Pechar. Pechamos no X o gdebi. Dirixímonos a Menú de aplicativos > Educación > Klavaro e abrimos a aplicación:

 

 

VOLVER AO CURSO