Actividade presentación

impress.png

 

En que consiste:


Preparar unha presentación empregando o Impress para  un tempo de exposición aproximado de 10 minutos. Terá entre 10 e 15 diapositivas. Engadirase o texto do orador nun documento diferente, cos párrafos explicativos para cada unha das diapositivas. A presentación debe de ser tan gráfica como sexa posible, sen abusar do emprego de texto.


Obxectivos:

    1. Relacionar o artigo coa materia impartida na aula
    2. Capacidade de análise
    3. Mellorar a capacidade de relación dos diferentes conceptos
    4. Concienciar aos alumnos o carácter global dos conceptos tratados na materia.
    5. Promover a interacción oral

   
Habilidades:

    1. Compresión lectora
    2. Expresión escrita e oral

 

CREACIÓN DE PRESENTACIÓNS EFICACES

 

Creación da tarefa polo profesor

Enunciado:

Tarefa de presentación

Crea unha presentación axudándote do programa LibreOffice Impress, así como os textos do orador. Expón aos teus compañeiros o tema tratado na aula

Data Límite: 10/12/2018 (non se poderá entregar fóra de prazo)

 

Traballo do alumno:

1. Crear a presentación empregando Impress

(Podes empregar a presentación do tutorial de FreeMind como exemplo)

2. Editar o texto do orador co que se comenten as diapositivas empregando o procesador de textos Writer

3. Inserir os dous documentos nun cartafol e comprimilo en formato zip

4. Subir o archivo zip ao EVA

 

VOLVER AO CURSO