Tarefa de investigación

microscope-3101403_640.png

 

En que consiste:


Procurar un artigo de prensa de actualidade relacionado co tema tratado. Aceptanse xornais e revistas de papel ou dixitais. A data da nova non seŕa máis antiga dos 6 meses. Seguidamente débese facer un comentario do artigo. Unha vez rematado o comentario débese de engadir un anexo coa ligazón á nova (no caso de ser dixital) e unha captura ou unha foto da nova orixinal.

O obxectivo da actividade non é facer un resumo da nova. Débese facer unha análise crítica e establecer conclusións propias.


Obxectivos:

    1. Relacionar o artigo coa materia impartida na aula
    2. Capacidade de análise
    3. Mellorar a capacidade de relación dos diferentes conceptos
    4. Concienciar aos alumnos o carácter global dos conceptos tratados na materia.
    5. Promover a reflexión


Habilidades:

    1. Compresión lectora
    2. Expresión escrita

Recursos de interese


Formato:
O comentario terá unha lonxitude aproximada de 500 palabras

Creación da tarefa polo profesor

Enunciado:

Tarefa de investigación

Procura unha nova que teña unha antiguedade máxima de 6 meses relacionada coas Enerxías Alternativas. Seguidamente redacta una comentario da mesma, facendo unha análise crítica e relacionando cos contidos estudados nesta unidade.

O comentario estará formado por unhas 500 palabras. No mesmo ficheiro e na parte final debes de engadir un anexo coa ligazón da nova orixinal e unha captura de pantalla  da mesma.

Data Límite: 10/12/2018 (non se poderá entregar fóra de prazo)

 

Traballo do alumno:

1. Procurar unha nova relacionada coa temática tratada.

2. Redactar un comentario empregando o procesador de textos Writer

3. Engadir a última folla un anexo. Neste apartado debe de aparecer:

  • A url da páxina web na que aparece a nova
  • Unha captura de pantalla da mesma

4. Imprimir a pdf

     a. Empregando o conversor do Writer

5. Subir o pdf ao EVA

 

VOLVER AO CURSO