Compartir colección en Agueiro

share.png

Un profesor A quere compartir unha colección de páxinas cun profesor B en Agueiro. Vexamos o procedemento:

Profesor A entra coa súa conta corporativa en Agueiro

1. Crea a colección e engade as páxinas que desexe. 

2. Pincha en "compartido por min", escollendo "coleccións" e seguidamente en "Editar acceso". A dereita arriba aparece a un despregable que pon "Opcións avanzadas" e aí escolle "permitir copia" abaixo aparece outro despregable "Compartir con", e escolle o usuario con quen quere compartilo. Imaxinemos que o usuario fose profesorb@edu.xunta.es. O profesor A remataría aquí o seu traballo.

Entra o profesor B coa súa conta. A primeira vista en "Coleccións", non aparece nada...o que efectivamente resulta confuso, pois no caso dunha páxina compartida con copia si aparece. Pero, funciona. Vexamos o que debe facer o profesor B

1. Fai un clic en "Compartido comigo" e aí si aparece a colección compartida. Pincha na colección e visualiza a colección compartida. Á dereita aparece o botón "Copiar". Pincha o profesor na icona e escolle "colección" na fiestra emerxente coa mensaxe de confirmación. Clic en "Seguinte: Editar colección de páxinas" e clic en "Listo"

2. Agora se o profesor B pincha en coleccións xa a pode visualizar a páxina como propia e obviamente pódea modificar e pode volvela a compartir co profesor A seguindo o mesmo procedemento explicado anteriormente.