Montar unha unidade nfts automaticamente na Maqueta Abalar Libre

gparted.png

No caso que queiramos abrir unha partición ou un disco con formato NTFS (o formato habitual de Windows) se que nos pida o contrasinal de root, debemos de seguir o seguinte procedemento:

1. Crear un cartafol en /media no cal montaremos a partición ou disco. Neste exemplo, chamareille datos.

su root

#mkdir /media/datos

#chmod -R 777 /media/datos   (dámoslle permisos de lectura, escritura e execución a todos os usuarios)

2. Editamos o ficheiro fstab, engadindo o novo disco

#mousepad /etc/fstab

E engadimos unha liña como a seguinte:

/dev/sdc1       /media/datos/ ntfs-3g defaults 0 0


/dev/sdc1 é o disco de datos que queremos montar. Para saber se é sdc1, sdc2, sdd1, etc empregaremos o gparted, por exemplo

/media/datos/  é o cartafol onde montarmos a unidade

ntfs-3g. É o formato do disco de datos desta exemplo. Se fose de Linux, o máis probable é que tivera un formato ext4

3. Nunha distribución normal, con isto xa se montaría automaticamente, sen embargo na maqueta Abalar debemos de darlle orde de montar no inicio. Para iso editamos o ficheiro rc.local

#mousepad /etc/rc.local

Engadimos a seguinte liña antes da orde exit 0

mount -t ntfs-3g /dev/sdc1 /media/datos

Reiniciamos e ao abrir na icona unidade de datos xa non pedirá o contrasinal de root