Aínda que a tecnoloxía flash é obsoleta e vaise migrando aos poucos a html5, aínda quedan moitas páxinas editadas con esta tecnoloxía. Para visualizalas non chega con dispoñer dun navegador, debemos de engadirlle un plugin de Flash.
En Debian podemos traballar cunha versión libre e Flash, chamada gnash. Funciona aparentemente en moitas páxinas, pero noutras moitas a visualización pode ser incorrecta (falla o escalado), e incluso non verse nada. Por este motivo, ás veces non temos máis remedio que desinstalar este plugin libre e instalar o plugin privativo de Adobe.
Para desinstalalo podemos abrir o synaptic, ou tamén o podemos facer desde o terminal, iso si, contando con privilexios de root ou ben de sudo, se fose o caso.
su root apt remove gnash
Seguidamente instalamos os drivers privativos de Adobe. Sen embargo debemos saber que é diferente o plugin para Firefox que para Chromiun e os dous podemos descargalos manualmente da páxina de Adobe.
MOZILLA FIREFOX
A. Procedemento automático. Para instalar o plugin de Adobe Flash para Firefox, abrimos o synaptic e instalamos o paquete flashplayer-mozilla
Tamén o podemos facer, coma sempre desde o terminal, coa seguinte instrución:
apt install flashplayer-mozilla
B. Procedemento manual. Se preferimos descargar a última versión que publicou Adobe, dirixímonos á páxina de Adobe:
https://get.adobe.com/es/flashplayer/otherversions/
Escollemos o sistema operativo e o paquete tar.gz, concretamente o paquete NPAPI, que é o que lle ofrece a funcionalidade Flash a Mozilla Firefox
mkdir adobeflash mv flash_player_npapi_linux.i386.tar.gz adobeflash
cd adobeflash tar -xvzf flash_player_npapi_linux.i386.tar.gz
su root (indicamos o contrasinal, que por defecto é toor) cp -rp usr /usr su root
cp libflashplayer.so /usr/lib/mozilla/plugins/
Probamos se funciona. Para iso cargamos no Firefox a seguinte páxina:
http://get.adobe.com/flashplayer/about
Pinchamos en Activar Adobe Flash e con iso desbloqueamos o plugin, que por certo o Firefox, nas versións Quantum bloquea por defecto.
Probamos coa páxina de xogos online friv.com para comprobar o correcto funcionamento:
GOOGLE CHROMIUM
1. PROCEDEMENTO AUTOMÁTICO:
Abrimos o Synaptic e instalarmos o paquete flashplayer-chromium. Tamén o podemos facer desde o terminal:
apt install flashplayer-chromium
2. PROCEDEMENTO MANUAL
Dirixímonos á páxina de Adobe: https://get.adobe.com/es/flashplayer/otherversions/
Seleccionamos o sistema operativo e o paquete tar.gz, versión PPAPI
Descargamos o ficheiro e descomprimimos, de forma idéntica ao xa explicado para Firefox. Copiamos os ficheiros libpepflashplayer.so e manifest.json ao cartafol /usr/lib/adobe-flashplugin/. Se non existise o cartafol adobe-flashplugin, procedemos a crealo
mkdir /usr/lib/pepperflashplugin-nonfree/
cp libpepflashplayer.so /usr/lib/pepperflashplugin-nonfree/ cp manifest.json /usr/lib/pepperflashplugin-nonfree/
Quedando o cartafol deste xeito:
Dirixímonos a /etc/chromium.d/ e creamos un ficheiro co nome flashplayer-chromium.conf:
cd /etc/chromium.d/ touch flashplayer-chromium.conf mousepad flashplayer-chromium.conf
E copiamos nel o seguinte contido:
flashso="/usr/lib/pepperflashplugin-nonfree/libpepflashplayer.so"
flashversion=`strings $flashso|grep ^LNX|sed -e "s/^LNX //"|sed -e "s/,/./g"`
CHROMIUM_FLAGS="$CHROMIUM_FLAGS --ppapi-flash-path=$flashso --ppapi-flash-version=$flashversion"
Probamos se funciona. Para iso cargamos no Chromium a seguinte páxina:
http://get.adobe.com/flashplayer/about
Neste caso activamos o Adobe Flash Player cun clic no botón dereito do rato.
LIBROS DIXITAIS
Sen embargo cando dispoñemos dun libro dixital con contidos en Flash, instalado no equipo é moi posible que non se visualice. Isto é debido a que para executar Flash con ficheiros locais hai que darlle permisos ao navegador na configuración de Flash Player. Para isto tanto desde Firefox, como desde Chromium dirixímonos á seguinte páxina:
https://www.macromedia.com/support/documentation/es/flashplayer/help/settings_manager04.html
Seleccionamos a opción "Permitir siempre" e engadimos a ruta na cal temos os libros instalados. Ás veces, á hora de engadir a dirección non acaba de responder ben, pero non importa, engadimos calquera e logo editámola e cambiamos a ruta de forma manual. Probamos agora se o funcionamento é o correcto, tanto na visualización como no son.