Como instalar fontes tipográficas en GNU/Linux

Para instalar as fontes propias de Microsoft Windows (Arial, Times New Roman, etc), deberemos de instalar o paquete ttf-mscorefonts-installer

sudo apt-get install ttf-mscorefonts-installer

Se queremos engadir fontes diferentes, o primeiro que debemos de facer é buscalas. Aquí dispoñemos de varias páxinas nas cales podemos atopar moitos tipos de tipografías:

http://openfontlibrary.org/

http://www.theleagueofmoveabletype.com/

http://ospublish.constantvzw.org/foundry/

https://fonts.google.com/

 

Por exemplo as fontes de Google:

https://fonts.google.com/

 

Podemos filtralas por gustos. Imaxinamos que procuramos unha fonte de escritura a man:

categorías

Seguidamente pinchamos en + no modelo de letra que nos guste:

seleccionar

E aparece una nova fiestra. Nesta temos varias opcións, xa que este modelo de letra tamén o podemos engadir a unha páxina web. Sen embargo pinchamos no logo de descarga:

download

Agora debemos de descomprimir o ficheiro de descarga:

En función de que sexa o destinatario da fonte, é dicir, se afecta a todos os usuarios do sistema ou ben só afecta a un usuario en concreto, copiaremos os ficheiros das fontes en cartafoles diferentes:

a. Un usuario en concreto. Non precisamos dereitos de administración (nin sudo nin root)

Copiamos a mesma en . local/share/fonts

b. Se desexamos que a fonte estea dispoñible para todos os usuarios do sistema, precisamos dereitos de administración

Copiamos os ficheiro de fontes en /usr/share/fonts

 

Paso a describir como instalar as fontes e que sexan accesibles para todos os usuarios do sistema. No caso de instalala para un usuario en concreto, tan só temos que facer un copia-pega a .local/share/fonts, dentro do home do usuario. Se o usuario se chama usuario, copiaríase na seguinte ruta /home/usuario/.local/share/fonts. Se non visualizas o cartafol .local preme a combinación de teclas Ctrl+h. Se non dispoós do cartafol fonts, créalo.

Debemos de copiar o cartafol resultante (neste exemplo Architects_Daughter) no cartafol /usr/share/fonts. Sen embargo un usuario non ten dereitos de escritura nesa ruta, polo que debemos de abrir o explorador de ficheiros co perfil de usuario root. Para isto seguimos os seguintes pasos:

1. Copiamos o cartafol que acabamos de descomprimir:

copiar

2. Abrimos o terminal

abrir o terminal

3. Logueámonos como root

usuario@debian:~$ su root

E escribimos o contrasinal. Debemos de ter en conta que non aparece nada na pantalla ao escribir, sen embargo está collendo de todos os xeitos os caracteres do contrasinal.

4. Abrimos o thunar, pero con permisos de root

root@debian:/home/usuario# thunar

Agora poderemos abrir, copiar ou borrar calquera ficheiros ou cartafol do sistema, coas consecuencias que isto conleva.

thunar root

Se o desexamos tamén podemos empregar o nautilus:

root@debian:/home/usuario# nautilus

5. Como a extensión da fonte é .ttf gardarémolo no cartafol truetype. Se fose .otf gardaríamos a fonte en opentype e se tivese extensión woff (a recomenda a W3C) gardaríamola no cartafol woff.

Diriximonos á ruta /usr/share/fonts/truetype/ (escollemos o cartafol truetype xa que o ficheiro que descargamos ten extensión .ttf) e pegar o cartafol que copiamos anteriormente:

fonts

6. Demos de rexenerar a caché das fontes para que apareza dispoñible. Podemos rexenerala co terminal, empregando a instrución seguinte, ou ben simplemente reiniciando o equipo:

fc-cache -f -v

Abrimos o libreoffice writer, por exemplo,  e comprobamos que xa podemos seleccionar a fonte que acabamos de instalar.

seleccionar fontes

 

E este sería o resultado:

resultado