Derrotados son aqueles que baixan os brazos

Texto

Se es novo tes que saber isto:

A vida escápaseche -e vaise- minuto a minuto e non podes ir ao supermercado mercar vida!
Entón, loita por vivila! Por darlle contido á vida!

A diferenza da vida humana ás outras formas de vida é que ti podes darlle (ata certo punto) unha orientación a túa vida. Ti podes (en termos relativos) ser autor do camiño da túa propia vida. Non es como un vexetal que vive porque nacestes.
Despois de nacer podes darlle un contido...ou non. Ou podes perder a razón da túa vida, e que cha merque o mercado. E pásaste toda a vida pagando con tarxetas e mercando cacharros e dáslle para adiante e ao final, despois, estás vello coma min. Todo cheo de reumatismo, roubásteste, e ¿que fixeches neste mundo?

Pero se tiveches un soño, e pelexastes por unha esperanza e intentastes permitir aos que quedan, tal vez quede un pequeno alento rodando polos outeiros, nos mares. Un pálido recordo que vale máis que un monumento, que un libro, que un himno, que unha poesía. A esperanza humana que se vai realizando nas novas xeracións.

Compañeiros! Nada vale máis que a vida, loiten pola felicidade! E a felicidade é darlle contido á vida! E rumbo á vida! E non deixar que cha rouben. E para iso non hai receita, está aquí, na conciencia, se es ousado ou empregas a marabillosa oportunidade de ter nacido, case milagrosa.

Polo demais,un segundo consello aos mozos:
O “imposible” custa un pouco máis, e “derrotado”, derrotados son só aqueles que baixan os brazos, e entréganse. A vida pode darche mil tropezóns en todos os aspectos: no amor, no traballo, na aventura do que estás pensando, nos soños do que queres concretar. Pero unha e mil veces, estás feito con forza para volver a erguerte e comezar de novo, porque o importante é: ¡o camiño!

Non hai unha meta! Non hai un arco do triunfo, non hai un paraíso que nos recibe. Non hai odaliscas que te van a recibir porque morrestes na guerra. Fastidiáchela e punto. Non, o que hai é outra cousa. É a fermosura de vivir a tope. De querer a vida -en calquera circunstancia- e loitar por ela e intentar transmitila.

Porque a vida non é só recibir, é antes de nada, dar algo do que temos, e por fodido que te atopes, sempre tes algo para darlle aos demais.

José Mujica