Instalando Gimp

O primeiro que podemos facer é desinstalar a versión antiga do Gimp

su root apt remove --purge gimp gimp-data

Seguidamente instalamos o flatpak. Este software serve para instalar programas sen preocuparnos polas dependencias con outro software do sistema operativo.

apt update apt install flatpak

Unha vez instalado o flatpak, procedemos coa instalación do Gimp 2.10, empregando a instrución que nos indican en gimp.org

flatpak install https://flathub.org/repo/appstream/org.gimp.GIMP.flatpakref

Teremos que responder con "y" en dúas ocasións.

Finalmente debemos reiniciar o equipo para que apareza actualizado o menú. Aparecerá no apartado de gráficos.