Ás veces pregúntanme se hai algunha aplicación para que os nenos aprendan e melloren a redacción. Sempre lles digo que a mellor aplicación é o procesador de textos, moita práctica, paciencia e por suposto ler moito, moito. O proceso de redacción é unha actividade moi complexa a nivel intelectual. Precisa moito entrenamento e tamén certos recursos para ordenar as ideas, como poden ser os mapas mentais. Debemos de coidar moito os aspectos de adecuación, coherencia, coidar a cohesión do texto e respectar as normas de ortográficas e de puntuación.
Cando comezamos a teclear, con máis frecuencia da desexada, asáltannos as dúbidas: ortografía, gramática, vulgarimos, etc. Penso que nos pasa a todos, moitas veces porque nos esquecemos, outras porque sempre tivemos esa dubida, etc. Entendo que é importante coñecer algunha páxina de nos axude a clarificalas, na medida do posible. Tamén debemos lembrar que o procesador de textos LibreOffice Writer conta cun corrector ortográfico e gramatical ademais dun dicionario de sinónimos.
El proceso de producción de textos
Lingua española:
FUNDEU https://www.fundeu.es/
DICCIONARIO PANHISPÁNICO DE DÚBIDAS http://www.rae.es/recursos/diccionarios/dpd
DICCIONARIO INVERSO https://dirae.es/
Lingua Galega:
OPENTRAD: http://www.opentrad.com/gl/inicio?. Tamén pode valernos http://traducindote.com
GAIO TRADUTOR: http://tradutorgaio.xunta.gal/TradutorPublico/traducir/index
CORRECTOR ORTOGAL: http://sli.uvigo.es/corrector/
DICIONARIO RAG: https://academia.gal/dicionario
PORTAL DAS PALABRAS: https://portaldaspalabras.gal/ (tamén ten un buscador de sinónimos)
DIGALEGO: https://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php