drupal_8

 

Procedo a explicar o procedemento para engadir CSS en Drupal 8 co tema bootstrap, pero entendo que se fai de maneira análoga con calquera outro tema:

Accedemos á carpeta do tema, neste caso bootstrap

cd /var/www/html/drupal/web/themes/bootstrap

Editamos o seguinte fichiero:

nano bootstrap.info.yml

Na sección libraries, engadimos o nome da nosa librería personalizada, que no paso seguinte editaremos (bootstrap.libraries.yml). No meu caso engado a librería bootstrap/martin

libraries:
  - 'bootstrap/theme'
  -  bootstrap/martin

Editamos seguidamente o ficheiro das librerías:

nano bootstrap.libraries.yml

E creamos unha sección ao final do ficheiro. No meu caso chameille martin

martin:
  version: VERSION
  css:
    base:
       css/base/atio.css: {}


E por último teño que crear o ficheiro atio.css en ruta /drupal/themes/bootstrap/css/base/atio.css. E neste css engado as regras CSS desexadas.

Pero, falta un paso importante. Deberemos de ir a Configuración. Neste apartado, e concretamente en Rendemento debemo de valeirar a caché, para que se cargue o novo ficheiro CSS

CSS NUN DRUPAL MULTISITE

No caso dun Drupal multisite, antes de nada deberemos de facer unha copia do tema no site correspondente

cd /var/www/html/drupal/web/themes/

cp -rp bootstrap /var/www/html/drupal/sites/blog/themes

E tal e como expliquei desde o principio, seguir os mesmos pasos, pero iso si, coa nova ruta específica para o site correspondente, neste caso blog (/var/www/html/drupal/sites/blog/themes)

CSS EXTERNO

Se desexamos ter un ficheiro CSS externo, que nos poida servir para varios sitios con Drupal, cambiamos na librería bootstrap.libraries.yml

martin:
  version: VERSION
  css:
    base:
      https://atio.es/pub/blog_atio.css: { type: external, minified: true}

 

 

Engadir un novo comentario

This question is for testing whether or not you are a human visitor and to prevent automated spam submissions.