Kompozer é un software para edición web moi antiguo. Sen embargo aínda é posible poñelo a funcionar en Debian 10. Persoalmente recomendo empregar un software máis actual como Visual Studio Code, Atom ou Sublime Text. Sen embargo é posible instalalo.

Escalamos a root

sudo su

Instalamos as ferramentas snap

apt update
apt install snapd
snap install core
snap install kompozer

Cando remata a súa instalación o executable da instalación queda na ruta /snap/bin. Para poder executalo desde o terminal podemos editar o ficheiro .bashrc do usuario con:

mousepad /home/usuario/.bashrc

E engadir ao final do mesmo a seguinte liña:

export PATH="$PATH:/snap/bin"

Recargando a configuración de .basrc coa seguinte instrucción:

source /home/usuario/.bashrc

Deste xeito, pódese executar desde o terminal escribindo kompozer, pero resulta máis sinxelo crear un atallo desde o menú. 

cd /home/usuario/.local/share/applications

mousepad kompozer.desktop

E copiamos o contido seguinte texto:

[Desktop Entry]
Version=1.1
Type=Application
Name=kompozer
Comment=Software para programación web.
Icon=/snap/kompozer/4/usr/share/pixmaps/kompozer.png
Exec=/snap/bin/kompozer -UILocale es-ES
Actions=
Categories=Development;X-XFCE;X-Xfce-Toplevel;

Pero ademais hai que instalar o idioma español. Para isto descargamos o seguinte plugin: https://kompozer.sourceforge.net/l10n/langpacks/kompozer-0.8b3/kompozer-0.8b3.es-ES.xpi

Seguidamente premer en Tools > Add-ons > Install, escollemos o ficheiro kompozer-0.8b3.es-ES.xpi, prememos na propia extensión e seguidamente en Install now

 

Reiníciase en inglés novamente. Pero se pechamos o programa e volvemos a inicialo, xa aparece en español, xa que o menú está empregando a seguinte instrución: kompozer -UILocale es-ES